CRD Vigo - Centro Residencial Docente Vigo
Foto do widget de novas
Foto do widget de actividades
Actividades

O Magosto Curso 2015/2016
O Samaín Curso 2015/2016
Excursión a Manzaneda 2014/2015
Entroido 2015
Visita á Exposición Out To Sea Fundación Barrié

Promoción 2014-2016
Foto de "Promoción 2014-2016"
Publicado o 2016-06-07 10:07:54

PROMOCIÓN 2014-2016 - ENTREGA DE BANDAS DE HONRA


O pasado 26 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado da promoción 2014-2016.
Dende a comunidade educativa do CRD queremos agradecer ao alumnado e as súas familias a súa presenza, xa que eles son a razón do noso traballo. Agradecerlle tamén ás autoridades que nos acompañaron no acto.
Agradecer igualmente a presenza da directora e do equipo educativo do "CIFP MANUEL ANTONIO", e do anterior director do centro, D. Benito Pérez Hernández, que nos honraron coa súa presenza.
Iniciouse o acto cunha actuación musical levada a cabo por un grupo de residentes que, xunto con outros compoñentes amenizaron todo o acto con cantigas preparadas e postas a punto por D. Jorge Valero. A continuación dous alumnos fixeron a presentación. O Director, D. Luis Samartín Peleteiro fixo unha exposición da finalidade e importancia do centro na sociedade educativa e, rematando a súa intervención coa presentación de D. César Barros Fraga (Capitán de fragata) e D.ª Vanesa Carballido Gómez (Tenente do exército do aire), para falaren de posibles saídas laborais no exército. Pechou a quenda de intervencións D. César A. Pérez Ares, Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se referiu ao gran labor e esforzo económico que se está a facer dende a Consellería para conseguir, que grazas a estes centros (CRD de Vigo, de A Coruña e de Ourense) as posibles dificultades económicas das familias non sexan un problema para a formación dos rapaces e rapazas galegos.
Un recoñecemento ao labor feito por un grupo de alumnos e persoal do centro que, como xa queda dito, prepararon un recital musical co que amenizaron o acto.
Mención especial aos alumnos Bárbara Vidal Díaz e Rubén Fernández González que coas súas palabras recordaron momentos emotivos destes dous anos que rematan, tamén para a profesora de prácticas e actividades, D.ª Eva M.ª Cortegoso Villar, organizadora deste evento; igualmente un recoñecemento a todo o equipo educativo polo seu labor.
O acto rematou coa imposición de bandas de honra a cargo do Xefe Territorial, D. César A. Pérez Ares, D. Antonio Estévez, Inspector Educativo da zona, D. Luis Samartín Peleteiro Director do centro, D.ª M.ª Jesús Rodríguez Sánchez, Xefa de Residencias e, como convidados de honra, D. César Barros Fraga e D.ª Vanesa Carballido Gómez.
Tamén houbo entrega de premios polas actividades, xogos e concursos feitos ao longo do curso e, unha vez rematado o acto académico, compartimos mesa para finalizar este día con bo sabor de boca.
Moitas grazas a todos os que nos acompañastes neste día.
Podedes ver o álbum das fotos nesta mesma páxina web en MULTIMEDIA