CRD Vigo - Centro Residencial Docente Vigo
Foto do widget de novas
Foto do widget de actividades
Actividades

O Magosto Curso 2015/2016
O Samaín Curso 2015/2016
Excursión a Manzaneda 2014/2015
Entroido 2015
Visita á Exposición Out To Sea Fundación Barrié

Viaxe lúdica e cultural
Foto de "Viaxe lúdica e cultural"
Publicado o 2018-06-04 09:18:06

VIAXE LÚDICA E CULTURAL
Este ano o CRD de Vigo, cumprindo a promesa adiantada no ano 2016, a viaxe cultural que anualmente vén facendo a final de curso foi ao PARLAMENTO EUROPEO.

A importancia desta viaxe para os nosos alumnos residentes non necesita xustificación, está clara desde todos os puntos de vista. A Dirección do Centro, unha vez exposta a proposta ao Equipo Directivo, entendimos que era un proxecto atractivo sobre todo polo carácter formativo do mesmo.

Unha carta enviada ao eurodeputado D. Francisco José Millán Mon, explicándolle a nosa intención, as características do Centro, as circunstancias do alumnado e as nosas necesidades económicas conduciron a que certa mañá do ano 2016, a Dirección do Centro recibise unha chamada desde Bruxelas do propio Sr. Millán Mon que nos di (aproximadamente) estas palabras: "recibín e lin a túa extensa carta onde explicas moi ben a situación e sinto decirche que este ano teño todo a cota completa, pero prométoche que para o próximo curso 2017/2018 xa che queda reservada desde agora unha visita ao Parlamento Europeo, ponte en contacto connosco ao comezo do curso" dito así con esta familiaridade que lle caracteriza, tal como puidemos comprobar en persoa; xa que nos dedicou bo intre do seu prezado tempo. Vaia por diante o noso AGRADECEMENTO!

A viaxe resultou tal como tiñamos previsto: Burdeos, Bruxelas, O Parlamento, Bruxas, París, Poitiers, Burgos; ese foi o percorrido.

En Burdeos vimos a famosa Praza da Bolsa (Place de la Bourse), en Bruxelas, á parte do Parlamento que era o noso principal obxectivo e as explicacións sobre a Unión Europea, vimos tamén o Atómium, A Grand Place; pola tarde fómonos a Bruxas "a Venecia do Norte" e quedounos Gante, por falta de tempo.
En París chamounos a atención a grandiosidade da Torre Eiffel, o Río Sena, os xardíns do Louvre (Lles Tuileries), a Place da Concorde, os Campos Elíseos, o Arco do Triunfo, o Palacio de Luxemburgo cos seus xardíns, Pigalle, Monmartre, a Praza dos Pintores (Tertre) o Sacre-Coeur, a Igrexa da Magdalena, a Ópera, Les Halles, Notre Dame e tamén era obrigado o paseo vespertino en barco polo Sena.
En Poitiers estivemos en Futuroscope, algo interesante e pouco coñecido. E, finalmente, vimos de maneira casual unha especie de festa cidadá en Burgos.