|
A
Escola de Educación
Infantil A Marisma é un centro de
ensino público que está situado no que antigamente
foi unha marisma en Redondela, de aí o seu nome.
Leva
26 anos en
funcionamento, ao longo dos cales sufríu
varias transformacións:
-
Pasou de ter 5 aulas con 5 mestres a ter 9 aulas
e 13 mestres. Destes, dous son especialistas en Audición
e Linguaxe e Inglés; e dous son mestres de apoio que imparten Psicomotricidade e un obradoiro de Animación
á Lectura.
-
O
edificio tamén experimentou cambios, aumentando o
espazo que se converteu en aula de psicomotricidade,
aula de A.L., dirección, dous novos aseos, o almacén
e o patio cuberto.
-
Tamén
se integraron alumn@s de distintas procedencias, debido
ao incremento da inmigración e adopcións doutros
países.
-
No
plano didáctico foi onde máis cambios se produxeron,
pasando, por exemplo, de facer fotocopias manuais a ter
un ordenador por aula.
No
ano 2006 esta escola cumpriu 25 anos de funcionamento. Neste
aniversario participaron distintos membros da comunidade
que dalgún xeito estiveron relacionados co centro
e realizáronse diversas actividades.
Na
nosa escola intentamos, entre outros obxectivos, que tódolos
nen@s se integren nela e coñezan a súa realidade
social e cultural.
A
fin deste sitio web é crear unha nova forma de colaboración
e achegamento ás familias, respondendo a unha demanda
social, así como aportar a información necesaria
para que a escola de educación infantil A Marisma
sexa coñecida e accesible para todos, tanto para as familias
como para o resto da comunidade educativa. |