DÍA DA PAZ 2004-2005

O día trinta de Xaneiro celebramos na nosa Escola o Día Internacional da Paz.

Para nós é moi importante aprender e practica-los camiños da concordia, a tolerancia e a cooperación. As mestras queren aprendernos a non discriminación das persoas por razóns de raza, crenzas políticas, relixiosas ou de xénero. Elas non nos deixan traer á Escola xoguetes bélicos: pistolas, puñais, nin armas en xeral. E se as traemos, elas as utilizan para unha escultura pola Paz que están a facer con moitos deses xoguetes pegados.

Nas aulas fixemos un cartel e moitas caras de cores e colgámolas por todas partes formando unha Cadea de Paz.

 

Botade unha ollada