EXCURSIÓNS 2004-2005

Ó longo do curso fomos a varios lugares. Algúns preto da Escola e outros máis afastados.

A primeira saída foi no Outono. Viaxamos a Santiago, visitamo-lo Museo de Ciencias. Alí vimos moitos animais, minerais e pedras preciosas. Tamén visitamo-lo Museo de Arte Contemporáneo onde ollamos moitos cadros e aprendemos a facer composicións.

A segunda excursión foi xa na Primavera. Regresamos a Santiago para ve-lo espectáculo Contos do Mundo. Gustounos un montón.

A terceira, fomos camiñando á Casa Mariñeira onde visitamo-la exposición sobre El Quijote. Regaláronnos un marcapáxinas e unha postal.

A cuarta foi a Riveira a ver unha exposición sobre O Espacio.

Máis adiante fomos Á Coruña. Estivemos no Planetario e na Casa das Ciencias. Pola tarde un grupo fomos ó Acuario e o outro visitamos a exposición dos Gobisauros. Xogamos en obradoiros e pasámolo xenial.

Outro día fomos ó Instituto a ver unha aula coma as dos nosos avós. Non tiñan xoguetes coma nós.

A derradeira vez que saímos foi para visitar O Punto Limpo da nosa localidade. Aquí fixemos catro cousas ben importantes:

1.- Escoitamos un conto.

2.- Fixemos un contedor de lixo con plastilina.

3.- Xogamos cun paracaídas de cores.

4.- Soltamos unha ave recuperada do chapapote para que fora á súa casa.

Botade unha ollada