NADAL 2004-2005
O Nadal celebrámolo por todo o alto. É a nosa festa preferida por moitas razóns: Veñen Papá Noel e os Reis Magos, temos vacacións longas para xogar na casa e visitar familiares, as rúas brillan coas decoracións de luces de cores...
Na Pobra do Caramiñal, o Concello monta un Belén moi grande no paseo da alameda. Nós fomos a visitalo o mesmo día que fomos a Correos a bota-la carta para os Reis Magos. ¡Qué ilusión levábamos!
Fixemos as nosas propias tarxetas de felicitación para as nosas familias e decoramo-la Escola cunha árbore grande feita coas siluetas das nosas mans da que colgamos bos desexos para o ano novo vindeiro.
Papá Noel en persoa veu a visitarnos á Escola e trouxo agasallos para todos nós, aínda que alguén lle dixera que só aceptaba agasallos de parte dos Reis Magos...¡Pero a él non lle importou!
| Botade unha ollada | Celebracións |