OBRADOIROS

Ó Volver das vacacións de Entroido, as mestras tíñannos unha sorpresa para as tardes dos venres.

Íamos a facer OBRADOIROS aínda que nós non sabiamos o que era iso.

Pronto aprendimos e disfrutamos do lindo facendo monicreques, cociñando, reciclando, representando contos, facendo experimentos, bailando e facendo disfraces.

Fixemos sete obradoiros e cada venres íamos a un distinto con compañeiros das diferentes aulas. En cada grupo éramos quince. Os pequenos, os medianos e os maiores todos mesturados.

Foi unha experiencia moi interesante de convivenza e cooperación entre tódolos alumnos e alumnas. Ademais puidemos traballar con tódalas mestras e utilizar tódolos espacios da escola en situacións distintas das cotiás.

Ó final do curso fixemos unha representación teatral- Noticias ENCANTHADAS-, baseada nun conto orixinal de Colin y Jacqui Hawkins, na que utilizamos todo o que aprendéramos, ensaiáramos, construíramos e experimentáramos nos obradoiros.

Foi un proxecto de gran envergadura realizado por moitos pequenos e pequenas xuntos.

Din que unha sóa gota non é nada, pero moitas gotas xuntas fan o mar...

Botade unha ollada:

Celebracións