XOGOS

 

Señor Esqueleto, ¿Onde está o teu óso?

 

Un neno ou nena fai de Don ou Dona Esqueleto. Ponse de pé cos ollos tapados no medio dun círculo de nenos e nenas. Con grupos de máis de vinte pode haber tres ou catro Don ou Donas Esqueleto.

Os compañeiros e compañeiras do círculo cantan:

 

Don Esqueleto, ¿Onde está o teu óso?

Alguén o levara da túa casa.

¿Sabes quén, foi alguén.

¿Sería a pantasma da Terra Chá?

Don Esqueleto ¡atópao xa!.

 

Mentras os nenos e nenas cantan vanse pasando os ósos (recortados en cartulina ou calquera outra idea). Cando dín xa , poñen as mans detrás do lombo, e os Don ou Donas Esqueleto descóbrense os ollos e tratan de adiviñar quén ten o seu óso. Se o adiviñan a primeira (ou as veces que se acorden de antemán), o que o tiña pasa a ser Don ou Dona Esqueleto e o xogo comeza outra vez.

seguinte xogo ideas e xogos Samaín