A LENDA DE JACK O´LANTERN
Houbo unha vez , fai moitos anos, en Irlanda, un granxeiro chamado Stingy Jack moi vago, bebedor, e ingenioso. Un día veu o demo a tentarlle, pero Jack burlouno subindo á unha árbore. O demo seguiuno pero non pudindo despois baixar, pediulle axuda a Jack.
Stingy Jack axudouno baixo unha condición, que non permitira nunca a súa entrada no inferno.
O demo aceptou de mala gana.
Cando , andando o tempo Jack morreu, foi dereito ó inferno, pero o demo non lle deixou entrar nel. Entón Jack viaxou ata o ceo, onde tampouco lle deixaron entrar. Por iso Stingy Jack vaga desde entón polo mundo entre tebras, non pertencendo nin aos vivos nin aos mortos. Leva unha lanterna afeita cunha cabaza baleirada (hollowed out, en inglés) na que metiu unha vela acesa (un nabo nas súas orixes) para poder ver na escuridade na que está. Dalí deriva o seu nome: Jack of the lantern, Jack o da lanterna.
Na noite do 31 de Outubro na que os límites entrambos mundos disípanse, algúns din que pódese ver a Jack vagando coa súa lanterna na procura dunha casa onde quedarse e descansar.
![]()
Baseado na historia orixinal de Brent P. Newhall
Inicio