MAGOSTO

XOGOS OFF LINE

Estes xogos son moi divertidos para xogar na festa do Magosto.

A CASTAÑA QUENTE

Tódolos nenos estarán sentados nun corro, agás un deles, que estará sentado no centro. Este neno ou nena terá que contar ata vinte, sempre en alto para que o escolten os demais compañeiros/as, pode contar rápido ou lento. Mentrestanto os compañeiros/as do corro van pasándose uns a outros unha pelota branda, que leva pegada unha castaña). Cando o rapaz/a chega a vinte a castaña reventa (boom)e o neno/a que teña a pelota nese intre terá que ir ó centro a contar. E así sucesivamente.