O Nadal, ancestralmente a festa do inverno, e desde o século IV adoptado pola cristiandade para celebra-lo nacemento de Xesús de Nazaré, é unha e moitas tradicións que celebramos ano tras ano.
Nestas Festas familiares celebramo-la Noiteboa, víspera do Nadal, a visita dos Reis Magos ó Neno Xesús, a Noitevella e Aninovo, e máis recentemente, a chegada de Papá Noel, procedente de tradicións alleas á nosa cultura pero hoxe adoptado por todo o mundo occidental.
Galicia tén as súas propias tradicións como a do tizón, cachopo ou cepo de nadal. En canto á tradicional cea de Noiteboa, os nosos avós solían tomar bacallau con colifror.
Avós, fillos, netos… reúnense a carón do lume onde, lembran ós que xa non están e fan promesas para o ano vindeiro. A familia reúnese na Noiteboa arredor da mesa cos mellores manxares e todos cantan panxoliñas. Estes costumes, xunto cos donativos ós máis desfavorecidos e agasallos ós seres queridos, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe se conservan.