DIA ESCOLAR DA PAZ 2006

 

UN MUNDO PARA TODOS

 

O día trinta de xaneiro celebramos o DENIP na Escola. Aínda que nós somos pequenos, queremos alza-la nosa voz en prol da PAZ e da non-violencia.

Nós somo-la semente do mundo de mañán. Se nos nosos corazóns alentamo-la PAZ, construiremos un mundo máis solidario, máis tolerante, máis cooperativo, máis xusto. Un mundo para todos.

Contos

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño."

Mahatma Gandhi