PROXECTO ANIMAIS ACUÁTICOS

Acabados de chegar do verán, da praia, do mar, os nenos comezaron a falar das sereas. Que se existían, que se non, que como eran e onde vivían. Surdíu así o tema dos seres que viven no mar.
Pareceume interesante que diferenciaran entre seres fantásticos e seres reais. Pregunteilles se lles gustaría investigar sobre os seres que viven no mar. Entusiasmoulles a idea e comezaron a falar de animais, tanto do mar coma do río. Entonces decidimos ampliar o tema a animais acuáticos en xeral.
Despois de case que dous meses lendo, observando libros, comparando, mirando películas, debuxando e volvendo a debuxar, e ata "destripando" un peixe que moi amablemente déronnos no mercado, xa sabemos un pouquiño máis do tema. Distinguimos branquias e pulmóns, sardiñas e mexilóns, castores e ras e ata coñecimos o Rape Abisal, un peixe que vive nas profundidas e ten unha luz a modo de faroliño.
Tamén descubrimos que nos queda moitísimo por aprender... pero aínda somos pequerrechos e temos moooito tempo...

Jose Pacheco Etchevers

ver fotos