Falar a miúdo nas situacións cotiás, tendo en conta os intereses dos neno/a , comenta- lo que se fai chamando as cousas polo seu nome.
Ofrecerlle un modelo correcto de linguaxe. falar a modo, cunha pronunciación clara, un vocabulario variado e frases sinxelas pero completas.
Evitar situacións de ruidos e berros conseguindo un ambiente relaxado.
Escoita- lo o neno/a cando fale.
Darlle tempo para que se exprese ó seu xeito sen anticipa-las respostas. Non fixa-la atención nos erros nin repetir a palabra mal pronunciada, senón dar un modelo correcto e amplia-los seus enunciados.
| |