SAMAIN

O día 28 de Outubro fixemo-la festa do Samaín, lembrando costumes celtas case que esquecidas na actualidade, agás nos países anglosaxóns de tradición celta directa ou por influencia de pobos emigrantes coma os irlandeses.

Na Escola, disfrazámonos de meigas, pantasmas, vampiros e xogamos a asustar. Fixemos un certame de cabazas decoradas, de contos do Samaín e de merendas terroríficas.

Pola tarde vimo-la proxección dun conto titulado Samaín e despois compartimo-los postres que as nosas nais fixeron.

Ós que participamos traendo cabazas, contos ou merendas, déronnos un diploma para premia-lo noso interese e colaboración.

Botade unha ollada