XIMKANA "UN MUNDO PARA TODOS"
(xogo colaborativo)
O día trinta e ún de xaneiro celebramos na Escola unha ximkana có motivo do Día Escolar da Paz.
Tódolos alumnos e alumnas fóron divididos en seis grupos, cada ún deles capitaneado por un profesor ou profesora. Cada grupo tiña que completar a búsqueda de seis pombiñas ó longo e ancho das instalacións, dende o patio ata o ximnasio, pasando pola biblioteca ou o despacho da Directora.
Cada grupo ía cara ún lugar distinto e iba completando as probas que se lle ían asignando nas pombas que ían atopando.
Foi moi divertido. Uns para enriba, outros para abaixo; a escola converteuse nun rebulir de xente completando diferentes misións.
Non había gañadores, pero cada grupo tiña que poñer as súas seis pombas nunha pomba xigante que había no patio. Ó principio a pomba estaba valeira. Foise enchendo a medida que a ximkana prograsaba, ata encherse por completo ó final do xogo.
Ó final merendamos todos xuntos un premio que nos déran os profes pola nosa participación entusiasta.
O obxectivo pedagóxico do xogo consistíu en traballar colaborativamente en grupos mixtos en idade e habilidade para acadar unha misión común.
A avaliación foi moi positiva.