OS DINOSAUROS

Na clase de Catro Anos A, a de Jose, decidimos explorar nas profundidades do coñecemento e descubrir todo o que poidéramos sobre uns animais que xa desapareceran do noso mundo fai moito, moito tempo.

Trouxemos materiais moi diversos, desde fotografías a xoguetes, pasando por fósiles, contos, enciclpodedias e demais.

Anotamos o que xa coñecíamos de antes e o que nos gustaría saber.

Organizamo-lo traballo e disfrutamos moito.

Ó pouco tempo xa éramos quén de discutir sobre os nomes, a clasificación, o que comían, ónde vivían...¡Como se fóramos auténticos expertos!

Na excursión de Fin de Curso visitamo-la mostra GOBISAUROS na Coruña e entendímolo todo moito mellor.

Botade unha ollada