O SAMAÍN 2004-2005
En Novembro celebramo-lo "Samaín". Levábamos toda a semana baleirando cabazas e falando de meigas, feitizos e meigallos. E duns homes celtas. Polo visto eran uns que vivían antes aquí, en Galicia e tiñan un costume moi raro: colocaban unha vela no interior das caveiras para asustar ó inimigo.
Agora, en vez de caveiras utilizamo-las cabazas para celebra-lo Samaín. E moi divertido.
A teacher di que nos países de fala inglesa tamén o celebran. Pero eles chámanlle Halloween. Alí os nenos e nenas se disfrazan e van de casa en casa dicindo : Treat or trick? que máis ou menos quere dicir: Se no nos dades caramelos, asustámosvos.
¡Tiñades que ver as nosas caras cando as mestras nos sorprenderon cun recanto misterioso! Estaba escuro. Había unhas cabazas con caras de medo e perrucas raras,moitas velas prendidas, unha bruxa mala que aparecía e desaparecía e alí, no medio, o mellor de todo:
¡Unha cesta enorme de caramelos para todos nos! Ese día as mestras nos deixaron comelos.
| Botade unha ollada |