Obxectivos Xerais do Centro.

1.1 DE ÁMBITO XERAL

  1. Mellorar a calidade do ensino, contando coa colaboración de tódolos sectores da comunidade educativa.

  2. Coordinar a tarefa educativa do profesorado e das familias para favorecer o desenvolvemento integral do alumnado.

  3. Crear un ambiente cálido e agradable que ofreza seguridade ao neno/a e favoreza a súa autonomía a tódolos niveis.

  4. Organizar un ensino baseado na convivencia e no respeto, inculcando hábitos de traballo, comportamento, responsabilidade e capacitando ao alumno/a para a súa integración social.

  5. Acadar un desenvolvemento completo da personalidade do neno/a na súa triple vertente (afecto, intelecto, relacións sociais).

  6. Formar aos nenos/as no respeto dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e liberdade, dentro dos principios democráticos de convivencia.

  7. Formar ao alumnado no respeto da pluralidade lingüística de España.

  8. Promover as relacións entre o Centro e outras institucións con fins educativos e culturais.

 

1.2 DOS NENOS E DAS NENAS

  1. Relacionarse cos demais e aprender as pautas elementais de convivencia.

  2. Establecer vínculos de afecto, aceptando e expresando os seus sentimentos no marco familia – escola.

  3. Coordinar as súas accións coas dos outros/as, descubrindo pouco a pouco que os demais teñen a súa propia identidade, desexos e posesións, e axudándolle a formar un sentimento de solidariedade e aceptación das pequenas normas que rixen a vida cotiá.

  4. Fomentar nos alumnos actitudes e valores relacionados coa tolerancia, respeto á individualidade, creatividade, sociabilidade e respeto ao medio que os rodea.

  5. Comunicar sentimentos, necesidades e fantasías a través de tódalas posibilidades expresivas que lle ofrece o seu corpo (xestual, corporal, oral) e establecer vínculos de afecto aceptando e respetando aos demais.

  6. Coñecer as partes fundamentais do seu esquema corporal, a súa nominación e funcionalidade, unido ao progresivo crecemento da súa capacidade de acción e de actuación sobre si mesmo e sobre os obxectos que o rodean.

  7. Estar aberto ao seu contorno inmediato, familiar, social e natural, mediante a observación do mesmo, vivenciando, experimentando e manipulando situacións ou obxectos que lle faciliten a adquisición de conceptos e actitudes acordes á súa propia evolución madurativa.

  8. Desenvolver progresivamente, de acordo ás súas capacidades e idade, un nivel de autonomía que lle permita interactuar nos medios en que vive así como facilitarlle unha serie de hábitos de hixiene, alimentación, sono... que irán dende a completa dependencia do adulto, no inicio do ciclo, ata ser autónomo nestes aspectos ao finalizar esta etapa, potenciando desde a escola e o entorno familiar.

  9. Desenvolver progresivamente a linguaxe oral como instrumento de comunicación, atendendo á vertente expresiva e comprensiva da mesma e iniciarse na aprendizaxe da lectura e escritura.

  10. Iniciarse nas habilidades numéricas básicas.

  11. Tomar contacto cun idioma extranxeiro, educándose no seu acento, fonoloxía e dicción, adquirir o seu vocabulario básico e gozar con esta nova modalidade de comunicación.

  12. Desenvolver a capacidade de creación propia a través de medios como pintura, mímica, xogo simbólico.

  13. Adquirir hábitos e actitudes referentes ao respeto ao medio que o rodea (obxectos, materiais, medio ambiente).

  14. Favorecer a integración do neno/a, tanto na escola como no contorno social onde se desenvolve, o que implica non só a participación en tódolas actividades que se celebran no ámbito escolar, senon tamén o desenvolvemento de vivencias no contorno inmediato, coñecendo o que nos ofrece e encauzando os propios intereses do alumnado.

  15. Sentirse membro dos grupos aos que pertence (familia, escola, amigos) a través dun sentimento de seguridade e confianza e pouco a pouco constituir a súa propia individualidade.


1.3. DOS PAIS E DAS NAIS

  1. Potenciar a participación dos pais/nais, titores e titoras dos alumnos/as do Centro na vida escolar a través dos cauces que a lei establece.

  2. Propiciar a participación das familias na escola para establecer pautas de actuación comúns.

  3. Colaborar co profesorado do Centro no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as.

  4. Participar nos termos que a lei teña establecidos nos Órganos colexiados de Goberno do Centro.

  5. Fomentar, a través dos devanditos Órganos de Goberno, a realización de Actividades Extraescolares para o alumnado do Centro.

  6. Respetar a idiosincrasia propia de cada unha das familias que participan na vida do Centro.