O pai de Miguel marchou á Antártida a traballar como cociñeiro da BAE Juan Carlos I.

Esto foi o noso punto de partida para empezar un proxecto de traballo sobre o continente blanco.

Ainda que os rapaces trouxeron moita información das súas casas, a máis importante para nós foi a que o pai de Miguel nos mandaba vía e-mail tódolos luns. Nada mais chegar á escola abríamos o correo e baixábamos as fotos,despois mandábamos un novo correo facendo novas preguntas.Así dende novembro ata marzo.

Despois de tanto traballar no noso proxecto sobre a Antártida e os pingüíns pasou o que tiña que pasar. Un bo día levantámonos e todos convertímonos en... ¡PINGÜÍNS!,igualiños, igualiños que os que alí viven.Se no nos cres, mira as fotos.

Fixemos un desfile diante da escola, cantamos e bailamos a nosa canción da Antártida e despois fixemos unha merendola.

 

 

Ver fotos

saír