O libro viaxeiro como o seu nome indica, é un libro que viaxa ás casas dos alumnos tódolos fins de semán e volta á escola os luns. Nas casas, as familias ( pais, nais, avós, irmáns...)e os nen@s traballan conxuntamente no tema escollido. Nos curso2005/06 o traballofoi sinxelo, tiñan que contar cousas dos nen@s que na escola non sabiamos, tales como cancións que lle cantan na casa, o seu conto preferido, os seus gustos.....o tema era libre.Ademais tiñan que adornalo como quixesen. Vendo os magnificos resultados obtidos ese ano e a gran implicación dos pais,no curso 2006/07complicamos un pouco máis a cousa. O libro tiña por título "De maior serei..." e tiñan que escoller unha profesión , representala plasticamente e facer unha pequena poesía. Os resultados obtidos superaron con creces os do libro anterior. Neste curso 2007/08 a proposta foi "viaxar polo mundo". Tiñan que escoller un lugar do mundo e falar sobre el, a súa cultura, fauna, flora, gastronomía... Como todos os anos tiveron que ilustralo e romper un pouco a cabeza para facer o texto rimado. Este é o magnífico resultado. |