Como todos os anos ao chegar o mes de maio facemos o noso maio para festexar a chegada da primaveira .
Para facelo necesitamos unha estructura, fiuncho, pampullos, ovos, laranxas e flores variadas
Os maiores encargámonos de poñer o fiuncho mentres os pequenos fan os colares de flores, ovos e laranxas.
Entre todos adornámolo e... listo.
As dúas da tarde saímos fóra da escola, repartimos as coplas e cantamos a nosa cantiga aos pais.
O día seguinte, 1º de maio levamos o noso maio a Poio e facemos unha exhibición na plaza do Mosteiro pola mañá e na plaza de Combarro pola tarde.
ver fotos
saír |