![]() |
Como tódolos anos, chega o 1 de maio e poñémonos a traballar para facer o noso maio. Este ano como somos poucos, viñeron dúas nais a axudarnos a poñer o fiuncho,que é o que mais traballo nos da. Mentres, os pequenos e mediáns da escola facían os collares de ovos,laranxas e pampullos. Este é o resultado.
Despois antes de marchar para casa viñeron os pais e cantámoslle as nosas coplas. Ó día seguinte participamos no concurso de maios de Poio (na plaza do mosteiro) pola mañá e pola tarde no concurso de Combarro. Como noso maio e pequeniño non podemos concursar, pero gústanos ir e mostrar a todos que somos quen de axudar a manter a tradición. |