V.2.6 PHP  
 
 
     
 
Alemán  Chinés  Francés  Galego  Italiano  Inglés  Portugués Ourense, venres, 24 de novembro de 2017
Activos 1 usuarios.
 
 
Inicio
Presentación
Matrícula
Administración
Alumnado
Acceso Usuarios
Cualificacións
Horarios
Actividades
Erasmus+
Galería de fotos
Biblioteca
That's English
Enderezos Contacto
Lexislación
Novas
Preinscrición Web
E. N. L.
Dpto. Alemán
Dpto. Chinés
Dpto. Francés
Dpto. Galego
Dpto. Inglés
Dpto. Italiano
Dpto. Portugués
 
 
Alemán. Chinés. Francés. Galego. Inglés. Italiano. Portugués.
 

A Escola Oficial de Idiomas de Ourense é un centro especializado no ensino de idiomas, creada e autorizada a súa posta en funcionamento no ano 1987. Réxese, entre otra normativa, pola LEI ORGÁNICA 2/2006, de 3 de maio, de Educación e polo DECRETO 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A escola é un centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Os estudios da EOI estructúranse en catro niveis :

 
· Nivel Básico,
1. O currículo correspondente ao nivel básico ten como referencia as competencias propias do nivel A2, segundo se define este nivel no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

2. O nivel básico ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para utilizar o idioma oralmente e por escrito de xeito eficaz e apropiado en situacións comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas, e que requiran comprender e producir textos breves nun rexistro neutro que conteñan expresións e estruturas básicas e termos sinxelos de lingua estándar. Este nivel de uso do idioma deberá permitir igualmente actuar en tales situacións mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de xeito directo.
.
 

· Nivel Intermedio,
1. O currículo correspondente ao nivel intermedio ten como referencia as competencias propias do nivel B1, segundo se define este nivel no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.

2. O nivel intermedio ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para a utilización do idioma oralmente e por escrito de xeito eficaz, apropiado e flexible, en situacións comunicativas diversas relativas a temas coñecidos ou de interese persoal, que requiran comprender e producir textos en lingua estándar, nun rexistro neutro, formal e informal, e que conteñan variedade de expresións, estruturas e locucións idiomáticas frecuentes, e termos habituais e cultos de uso común non especializados. Este nivel de uso do idioma deberá permitir igualmente actuar mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de xeito directo, e garantir a relación fluída entre falantes e culturas.

 

· Nivel Avanzado,

1. O nivel avanzado deberá ter como referencia as competencias propias do nivel B2, segundo se define este nivel no MCERL do Consello de Europa.

2. O nivel avanzado ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para a utilización do idioma oralmente e por escrito con fluidez, flexibilidade e eficacia, en situacións comunicativas diversas relativas a temas coñecidos ou propios do campo de especialización do falante, que requiran comprender e producir textos de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros, e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, e riqueza léxica. Este nivel de uso do idioma deberá permitir igualmente actuar mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de xeito directo, e garantir a relación fluída entre falantes e culturas.

3. O currículo para o nivel avanzado dos respectivos idiomas é o establecido no decreto do currículo correspondente
.

· Nivel C1 ,

O nivel C1 ten como referencia as competencias propias do nivel C1, segundo se definen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa.

O nivel C1 ten a finalidade de capacitar, fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, para a utilización do idioma con flexibilidade, eficacia e precisión para participar en todo tipo de situación, nos ámbitos persoal, público, académico e profesional, que requiran comprender, producir e procesar textos orais e escritos extensos e complexos, en diversas variedades estándar da lingua, cun repertorio léxico amplo, e que versen sobre temas tanto abstractos como concretos, incluso aqueles cos que o falante non estea familiarizado.

Organización.
1. As ensinanzas dos niveis básico, intermedio e avanzado desenvolveranse en dous cursos académicos cada un deles, cunha duración de 130 horas por curso, de conformidade co calendario escolar que estableza anualmente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O nivel C1 desenvolverase nun curso académico cunha duración de 120 horas.

2. Non obstante o anterior, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar, nas condicións que se determinen, unha duración diferente naqueles idiomas que polas súas características así o precisen.

3. Os cursos especializados para o perfeccionamento de competencias en idiomas, tanto nos niveis básico, intermedio e avanzado como nos niveis C1 e C2 do MCERL do Consello de Europa, así como os cursos destinados á formación do profesorado, terán a duración que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza en cada caso.

 
 
 
  www.disinf.com