| TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA: PROBAS LIBRES. |
|
| 1. Información xeral. |
| |
- Permite obter o título de Graduado en Educación Secundaria mediante una proba libre (Orde do 22 de abril de 1997), a aquelas persoas adultas maiores de 18 anos que non poden asistir á clase.
- Para acceder a esta proba non se require titulación previa.
- A titulación é equivalente á que se acada nas ensinanzas obrigatorias de Educación Secundaria Obrigatoria en réxime ordinario (ESO).
- Celebraranse dúas convocatorias anualmente, nos meses de xuño e setembro. Convócanse publicamente, a través do D.O.G, (en xeral) nos meses de abril/ maio. Para unha maior difusión, a súa celebración anúnciase nos medios de comunicación, sendo a súa matrícula nos centros educativos autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Educativa da Xunta de Galicia, onde se realice a proba e que figuran na convocatoria, así como a duración máxima e, se é o caso, os útiles que o alumno debe levar para realizala.
|
| |
2. Validez académica. |
| |
Ó superar con cualificación positiva esta proba, expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos. Con esta titulación poderanse seguir estudos en:
- Ciclos formativos de grao medio.
- Bacharelato LOXSE.
- Acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
- Acceder ó mundo laboral.
|
| |
| 3. Matrícula. (ver Secretaría Matrícula). |
| |
Os prazos de matrícula serán: (Aínda por determinar):
- Proba de Xuño: aproximadamente a mediados do mes de maio.
- Proba de Setembro: aproximadamente a principios de mes de setembro.
|
| |
| 4. Calendario de exames. |
| |
- As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días ?? de xuño e ?? de setembro para as respectivas convocatorias.
- A sesión da mañá terá dúas partes; na primeira, de ??:?? horas a ??:?? horas, realizaranse as probas do grupo científico-tecnolóxico; na segunda, de ??:?? horas a ??:?? horas, realizaranse as probas de grupo de ciencias sociais.
- Na sesión da tarde, de ??:?? horas a ??:?? horas, realizaranse as probas do grupo lingüistico. A sesión da tarde dará comezo ás ??:?? horas e comprenderá os exercicios de: Lingua galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Lingua estranxeira.
|
| |
| 5. Avaliación e Validación das probas. |
| |