datos, datas e edificios |
volver | ||||||
1. Sección Delegada do Sta. Irene 2. I.N.B Mixto 3 3. Novo edificio. IES A Guía
|
|||||||
1. Sección Delegada do Sta. Irene O instituto A Guía foi o terceiro de Vigo, tras o masculino e o feminino. Comezou como Sección Delegada do Instituto masculino, Santa Irene, en 1967.
|
|||||||
|
Nesa
etapa só se impartía o Bacharelato Elemental, de 1º
a 4º e só a varóns. Hai que lembrar que entón
o ensino non era obrigatorio: despois dos estudios primarios (ata os dez
anos) e tras un exame de ingreso facíase o bacharelato elemental
y unha Reválida (de 11 a 14 anos). A continuación se estudiaba
o Bacharelato Superior, dous anos e outra Reválida. Finalmente
se facía o Preuniversitario. O curso inaugurouse, con retraso debido
ás obras, o 30 de outubro. O director, do Sta. Irene, era D. Luis
Curiel e o Xefe de Estudios, D. Enrique Macías. Matriculáronse
150 alumnos. |
|||||||
2. I.N.B Mixto 3
|
|||||||
No
ano 1972 o instituto pasou a ser o Mixto nº 3 (os outros dous mixtos
eran o do Calvario e o de Coia) e os estudios impartidos eran os de BUP
(Bacharelato Unificado e Polivalente; de tres cursos, desde los 14 ata
los 17 anos) e COU (Curso de Orientación Universitaria) en réxime
diúrno e nocturno. O director era D. Enrique Macías e había
350 alumnos e alumnas. |
|||||||
3. Novo edificio. IES A Guía O edificio amosou pronto mostras de deficiencias da construcción, igual que o do Calvario, construído na mesma data. Por iso, e tras varios anos de mobilizacións da comunidade educativa e máis do barrio, no verán de 1994 derribouse o antigo e edificouse o actual. Nesas datas, e debido á implantación da LOXSE, a denominación pasou a IES (Instituto de Ensino Secundario) A Guía.
|
|||||||