francisco mantecón |
|||||||
|
Francisco Mantecón (Vigo, 1948-2001) licenciouse en Belas Artes na Escola San Jordi de Barcelona. Ten participado en máis de 100 exposicións individuais e colectivas, e desenvolveu unha intensa actividade docente e creativa. Formou parte do grupo "Atlántida" e outros movementos vangardistas. A súa obsesión polo perfeccionismo no fondo e na forma, dende a cultura, a creatividade e o talento, levárono a ser un referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño gráfico en Galicia. A bodega Terras Gaudas outorga tódolos anos, na súa lembranza, o Premio de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Del teñen dito: "Un home expansivamente amoroso e fraternal ... A súa man era un bisturí infalíbel, virtuoso apéndice de poeta xeómetra" (Xosé Mª Álvarez Cáccamo). "Foi un grande artista do noso tempo, no que a intelixencia nunca permitiu nin o caos nin o xesto innecesario. Construíu unha plástica contundente, robusta e severamente meditada" (X. L. Méndez Ferrín). "Era un home de trato cordial, con cara de despiste, interesado en moitas cousas: arte, literatura, fotografía, política" (Carlos Casares).
El, pola súa banda, dixo: "Quero facer
miña a frase de Georges Braque "j´aime le regle que
corrige l´emotion"". |
||||||