marcos serrano |
volver | ||||||
|
Marcos Antonio Serrano Rodríguez, (Chapela, 1972) é ciclista profesional dende o ano 1993. Comezou no equipo Kelme da man do ponteareán Álvaro Pino. Manolo Sainz levouno ó equipo ONCE en 1999. Na actualidade milita no Liberty Seguros, equipo herdeiro do ONCE. Especialista
na montaña, a súa condición de gregario de luxo e
por tanto ter que traballar para o líder do seu equipo impídenlle
lograr grandes títulos. A pesar disto gañou a Volta
Ciclista a Galicia en 1999 e a Vuelta ciclista a
Castilla y León en 2001, e terminou 9º no Tour
de Francia no mesmo ano. |
||||||