gonzalo torrente ballester

volver
 

 

 

 

 

 

Gonzalo Torrente Ballester (Ferrol, 1910- Salamanca, 1999) foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas nos institutos de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Orcasitas (Madrid), Vigo (“A Guía”, 1973-1975) e Salamanca. Ao mesmo tempo desenvolveu unha ampla producción literaria: é, sen dúbida, un dos máis destacados escritores en lingua castelá da segunda metade do século XX.

Entre as súas obras máis destacadas están a triloxía Los gozos y las sombras, Don Juan, La saga/fuga de J. B., Fragmentos de Apocalipsis, Crónica del rey pasmado e Filomeno a mi pesar.


O recoñecemento público tardou en chegar, pero nos derradeiros anos da súa vida e nos posteriores ao seu falecemento, foi incesante: Membro da Academia de la Lengua en 1975, Doutor Honoris causa por varias universidades, fillo predilecto e adoptivo de diversos municipios... Entre os premios que recibiu cabe destacar os da Crítica, Nacional, Planeta, Azorín, Príncipe de Asturias e o Premio Cervantes, considerado o Nobel en lingua castelá.

 

A comunidade educativa do Instituto “A Guía” sumouse a este recoñecemento o ano 2003 cunha serie de actos de homenaxe:

-colocación de placa conmemorativa, á que asistiron a súa viúva, Dª. Fernanda Sánchez-Guisande, e máis o seu fillo Jaime.

-exposición con textos, fotos, entrevistas, debuxos, documentos...

 

 

-conferencias de Carmen Becerra, Víctor Freixanes e Coloquio dentro do Club Faro de Vigo coa intervención das viúvas de Torrente e Carlos Casares (Fernanda Sánchez-Guisande e Kristina Berg), Carmen Becerra, directora de cultura da Fundación Torrente Ballester, e Damián Villalaín, director da Fundación Carlos Casares.

Enlace recomendado: http://www.gonzalotorrenteballester.com