María Lado

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
 
(Non se mostran 13 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
'''María Lado''' é unha poeta galega nada en Cee o 14 de abril de 1979, terra de poetas mozos cos que compartiu poemarios como. Pertenece ao colectivo da[[ Costa da Morte]].
+
'''María Lado''' é unha poeta galega nada en Cee o 14 de abril de 1979. É titulada en Produción Audiovisual e licenciada en Filoloxía Galega.
 +
 
 +
 
 +
== Contexto ==
 +
 
 +
Na década dos noventa revitalízase o panorama coa chegada de novos autores ao espazo da escritura poética. Estas novas voces nútrense das fontes abertas polos autores dos oitenta nun maxisterio recoñecido por eles mesmos pero que non implica un seguidismo epigonal a respecto dos modelos senón a busca da creación dunha liña persoal que varía na adopción de temas e formas. Os autores que comenzan a publicar nos noventa, malia compartiren en gran medida as características do movemento dos oitenta, presentan algúns trazos individualizadores como a modernización dos campos léxicos e a incorporación ao verso de vocabularios específicos que lle eran alleos: a linguaxe da burocracia, os termos do doméstico, as vertentes do mito... Malia todo, apréciase en certos poetas un empobrecemento léxico buscado para lograr a inmediatez e a efectividade do discurso.
 +
Formalmente algúns autores recuperan formas métricas clásicas malia ser habitual a procura de novos camiños poéticos con menor preocupación formal. Dáse unha desbarroquización xeral das formas, expresada en poemas máis curtos e menos herméticos, nun intento de regresar ó lector evidenciado xa na importancia que dan á organización de recitais públicos.
 +
Podemos, en resumo, definir provisoriamente a obra dos novos poetas galegos pola contención expresiva ligada á preocupación pola comunicabilidade co lector, pero cun rigor lingüístico herdado dos anos oitenta; pola asunción dos temas poéticos universais desde a revisión crítica dos modelos e mitos patriarcais por parte das poetas; por un maior intimismo ligado á poesía vivencial e, máis que nada, pola procura dunha voz poética persoal desde o cultivo de temas e formas clásicos.
 +
Aparecen colectivos poéticos, carentes dunha poética común pero si moi unidos pola vertente externa que rodea a poesía, é dicir, movilizarse para comunicar, crear iniciativas capaces de levar a poesía a todos os rincóns. Polo tanto, existe un claro individualismo na intimidade da propia obra, pero activismo colectivo no momento de canalizar a forma de expresión da mesma. Esta vai ser a metáfora que defina a toda unha nova xeración poética galega: unidos na acción, distantes na poética.
 +
O activismo poético, outro dos fenómenos máis salientables da última poesía galega, vai tratar de buscar novos ámbitos e crear novos públicos para a lírica. E máis concretamente vai facelo a través desa volta ao recital poético como fórmula de comunicación da propia obra. É a nova ética que acompaña á nova estética. Trátase de comunicación directa co público, de palabra viva ''in situ'', de romper vellos tópicos.
 +
Polo tanto, podemos falar dunha certa volta á expresión máis direta directa; a un intimismo de ton existencial que sente preferencia polo detalle cotián e a anécdota persoal; un ton máis realista que, ás veces remata nun "realismo sucio" ou tamén nun antilirismo; nunha naturalidade apaixonada e unha maior parquedade expresiva, que ás veces cae nun minimalismo. Os temas continuarán sendo os mesmos, xunto con aportacións das renovadoras autoras femininas; un maior cultivo da metapoética e unha certa recuperación das temáticas sociais, hoxe vistas dende novas ópticas máis acordes coa época (antimilitarismo, ecoloxismo, independentismo, solidariedade coas causas políticas, etc.).
 +
 
 +
== Traxectoria ==
 +
 
 +
Comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, no que publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos, ''Nós, Mar por medio'' e ''Rumbo ás illas''. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. É muller de humildade asombrosa e de extraordinaria capacidade poética e recitadora. O seu primeiro libro ''A primeira visión''(1997) é publicado en Letras de Cal, editorial orixinaria dun feixe de poetas dos noventa onde publicarán moitos deles. Seguirá con ''Casa Atlática Casa Cabaret'' (2001) e con ''[[Berlín]]''(2005).
 +
Ademais de poeta é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións, coma no volumen Narradoras, editado por Xerais no 2000. Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz.
 +
Traslada aos seus poemas un imaxinario do femenino feminino no que se reivindican ademais figuras habitualmente marxinalizadas na sociedade como as bruxas, as prostitutas, as lesbianas, etc.. Unha sensibilidade e visión do mundo novas (solidariedade, comuñón coa natureza, tenrura, afán de liberdade, erotismo); unha linguaxe sexualizada a unha propositada reconstrución e relectura dos mitos e metáforas tradicionais da cultura androcéntrica.
 +
Esta poeta conxuga fantasticamente, en toda a súa obra, a modernidade e as tradicións; os seus poemas mesturan marabillosamente todo o sufrimento deste país, o amor, as paixóns, a revolución, o sexo... Xa no seu primeiro poemario,'' A Primeira Visión'', María Lado amósanos o seu particular punto de visto do mundo no que lle gustaría ter vivido; un mundo
 +
ordinario e mitolóxico onde a autora era a espectadora principal desa visión.
 +
 
 +
== Bibliografía ==
 +
 
 +
''Literatura Galega do século XX''. Rosário Fernández Velho e Xesús Sambade Soneira, editorial ''A Nosa Terra''(2006). Páxina 153.
 +
 
 +
''Literatura Galega do século XX''. Carlos L.Bernández, Emilio X. Insua, Xosé M. Millán Otero, Manuel Rei Romeu, Laura Tato Fontaña, editorial ''A Nosa Terra'' (2001). Páxina 336.
 +
 
 +
== Ligazóns ==
 +
 
 +
http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarLado+1&alias=Mar%EDa+Lado
 +
 
 +
www.aelog.org/centrodoc/getauthorById.do?id=autor214
 +
 
 +
http://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/21/89/_ebook.pdf.

Revisión actual feita o 30 de maio de 2011 ás 07:47

María Lado é unha poeta galega nada en Cee o 14 de abril de 1979. É titulada en Produción Audiovisual e licenciada en Filoloxía Galega.


Índice

Contexto

Na década dos noventa revitalízase o panorama coa chegada de novos autores ao espazo da escritura poética. Estas novas voces nútrense das fontes abertas polos autores dos oitenta nun maxisterio recoñecido por eles mesmos pero que non implica un seguidismo epigonal a respecto dos modelos senón a busca da creación dunha liña persoal que varía na adopción de temas e formas. Os autores que comenzan a publicar nos noventa, malia compartiren en gran medida as características do movemento dos oitenta, presentan algúns trazos individualizadores como a modernización dos campos léxicos e a incorporación ao verso de vocabularios específicos que lle eran alleos: a linguaxe da burocracia, os termos do doméstico, as vertentes do mito... Malia todo, apréciase en certos poetas un empobrecemento léxico buscado para lograr a inmediatez e a efectividade do discurso. Formalmente algúns autores recuperan formas métricas clásicas malia ser habitual a procura de novos camiños poéticos con menor preocupación formal. Dáse unha desbarroquización xeral das formas, expresada en poemas máis curtos e menos herméticos, nun intento de regresar ó lector evidenciado xa na importancia que dan á organización de recitais públicos. Podemos, en resumo, definir provisoriamente a obra dos novos poetas galegos pola contención expresiva ligada á preocupación pola comunicabilidade co lector, pero cun rigor lingüístico herdado dos anos oitenta; pola asunción dos temas poéticos universais desde a revisión crítica dos modelos e mitos patriarcais por parte das poetas; por un maior intimismo ligado á poesía vivencial e, máis que nada, pola procura dunha voz poética persoal desde o cultivo de temas e formas clásicos. Aparecen colectivos poéticos, carentes dunha poética común pero si moi unidos pola vertente externa que rodea a poesía, é dicir, movilizarse para comunicar, crear iniciativas capaces de levar a poesía a todos os rincóns. Polo tanto, existe un claro individualismo na intimidade da propia obra, pero activismo colectivo no momento de canalizar a forma de expresión da mesma. Esta vai ser a metáfora que defina a toda unha nova xeración poética galega: unidos na acción, distantes na poética. O activismo poético, outro dos fenómenos máis salientables da última poesía galega, vai tratar de buscar novos ámbitos e crear novos públicos para a lírica. E máis concretamente vai facelo a través desa volta ao recital poético como fórmula de comunicación da propia obra. É a nova ética que acompaña á nova estética. Trátase de comunicación directa co público, de palabra viva in situ, de romper vellos tópicos. Polo tanto, podemos falar dunha certa volta á expresión máis direta directa; a un intimismo de ton existencial que sente preferencia polo detalle cotián e a anécdota persoal; un ton máis realista que, ás veces remata nun "realismo sucio" ou tamén nun antilirismo; nunha naturalidade apaixonada e unha maior parquedade expresiva, que ás veces cae nun minimalismo. Os temas continuarán sendo os mesmos, xunto con aportacións das renovadoras autoras femininas; un maior cultivo da metapoética e unha certa recuperación das temáticas sociais, hoxe vistas dende novas ópticas máis acordes coa época (antimilitarismo, ecoloxismo, independentismo, solidariedade coas causas políticas, etc.).

Traxectoria

Comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, no que publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos, Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. É muller de humildade asombrosa e de extraordinaria capacidade poética e recitadora. O seu primeiro libro A primeira visión(1997) é publicado en Letras de Cal, editorial orixinaria dun feixe de poetas dos noventa onde publicarán moitos deles. Seguirá con Casa Atlática Casa Cabaret (2001) e con Berlín(2005). Ademais de poeta é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións, coma no volumen Narradoras, editado por Xerais no 2000. Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. Traslada aos seus poemas un imaxinario do femenino feminino no que se reivindican ademais figuras habitualmente marxinalizadas na sociedade como as bruxas, as prostitutas, as lesbianas, etc.. Unha sensibilidade e visión do mundo novas (solidariedade, comuñón coa natureza, tenrura, afán de liberdade, erotismo); unha linguaxe sexualizada a unha propositada reconstrución e relectura dos mitos e metáforas tradicionais da cultura androcéntrica. Esta poeta conxuga fantasticamente, en toda a súa obra, a modernidade e as tradicións; os seus poemas mesturan marabillosamente todo o sufrimento deste país, o amor, as paixóns, a revolución, o sexo... Xa no seu primeiro poemario, A Primeira Visión, María Lado amósanos o seu particular punto de visto do mundo no que lle gustaría ter vivido; un mundo ordinario e mitolóxico onde a autora era a espectadora principal desa visión.

Bibliografía

Literatura Galega do século XX. Rosário Fernández Velho e Xesús Sambade Soneira, editorial A Nosa Terra(2006). Páxina 153.

Literatura Galega do século XX. Carlos L.Bernández, Emilio X. Insua, Xosé M. Millán Otero, Manuel Rei Romeu, Laura Tato Fontaña, editorial A Nosa Terra (2001). Páxina 336.

Ligazóns

http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarLado+1&alias=Mar%EDa+Lado

www.aelog.org/centrodoc/getauthorById.do?id=autor214

http://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/21/89/_ebook.pdf.

Ferramentas persoais