Arnoia, Arnoia.Manuel Isidro
De Wiki Aller
| Liña 18: | Liña 18: | ||
En resumo, o que menos me gustou foi a excesiva extensión para contar unha cousa, dando moitos datos que considero inecesarios, xa que non se repiten ao longo da narración. | En resumo, o que menos me gustou foi a excesiva extensión para contar unha cousa, dando moitos datos que considero inecesarios, xa que non se repiten ao longo da narración. | ||
| - | '''(Recensión por capítulos, igual á que xa fixo Nicolás Varela. Tes que realizar un resumo | + | '''(Recensión por capítulos, igual á que xa fixo Nicolás Varela. Tes que realizar un resumo argumentativo de 10 liñas máximo e engadirlle un comentario argumentativo)''' |
Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 16:55
``Arnoia, Arnoia´´ é un libro de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado por primeira vez en 1985 pola editorial Xerais. Editáronse sete edicións, as últimas catro foron publicadas na colección ´´Fóra de Xogo´´. En "Arnoia, Arnoia" fálasenos da viaxe de Nmógadah, un dos Principes Segredos das terras de Arnoia que é forzado ao exilio polo pobo dos ´´Veciños´´, tribo invasora da súa terra e asasinos da Mai Loretta. No seu exilio dan comezo as aventuras.
- Capítulo 1, O libredón: Nmógadah é apresado polos policías ``Montaos´´ que o levan ata unha pousada en Armenia(situada preto das Portas de Ulfe e dos antigos territorios de Tagen Ata). Alí encérrano nunha cabalariza xunto cun castrón chamado Mestre Lionel, que ten a facultade ou poder de comunicarse mentalmente. Ambos foxen da prisión grazas ao Libredón de Nmógadah, que é unha marca que ten na súa man, con forma de estrela que cumpre os desexos deste.
- Capítulo 2, O enigma de Hannak Oberzen: Tras a fuxida da prisión, Nmógadah e Mestre Lionel atópanse cun castelo, este é o castelo dos Leabertkolm, unha raza de xigantes. Son levados ata o seu líder, Hannak Oberzen, que os retén e que a unica forma para poder marchar é solucionar unha adiviña. Hannak Oberzen enfurécese xa que Nmógadah, de dezaseis anos, soluciónaa. O líder enfurecido descarga a súa ira cargando sobre eles a súa ollada de lume, poder co cal conseguiu o trono. Mais Mestre Lionel engana os Leabertkolm e conseguen fuxir do castelo.
- Capítulo 3, Milmanda, a espada: Tras fuxir do castelo, adéntranse na selva de Brocelandia, onde se atopan cun cabaleiro fillo dun deus vello, de nome Grutaganka, que lle indica onde se atopa a espada máxica, Milmanda. Esta está dentro dunha fontana presidida pola estatua de alabastro branco dunha doncela da que Nmógadah se namora. Ao día seguinte proseguen a súa marcha polo bosque mais son presos dunha trampa.
- Capítulo 4, Ronaldo Macsen: A trampa na cal caeron era pertenza dos Grou, unha tribo de mineiros que andan na busca da Trabe de Ouro dos Profundos. Desarmados e separados, Nmógadah é obrigado a traballar coma outros presos de mineiro, e na búsqueda da Trabe de Ouro dos Profundos. Grazas á comunicación mental de Mestre Lionel, Namógadah coñece a Ronaldo Macsen, outro preso dos Grou, que encabeza un grupo de escravos que intentan fuxir da mina, finalmente conségueno grazas á axuda de Nmógada; remata o capitulo fuxindo outra vez coas súas armas.
- Capítulo 5, As palabras retorneadas: Despois de fuxir das minas dos Grou, conseguen incluírse nunha caravana dos Outigulam que se dirixe cara a Occidente, Ngmógadah dirixiase a Lee Poeirento na procura da tenda de Brandaberis. Nunha parada, o ex-oficial Brandaberis, dille a Nmógadah as Oito Palabras Retorneadas que non debe esquecer.
- Capítulo 6, A burla negra: Nmógadah e máis Mestre Lionel abandonan a caravana dos Outigulam ao chegar a Fisterra, lugar onde conseguen unha embarcación para retornar á Casa Pequena (terra natal de Nmógadah), no país de Arnoia. No Calurnia Abana (clíper de tres paus armado por Nmógadah cos cartos que lle deixara a Mai Loretta), viaxarán con Nmógadah e o Mestre Lionel, o capitán Grandaux o oficial Amadou e o que será o seu contramestre Xamirás Kaebr, Nmógadah decátase de que a doncela que había na fonte onde estaba a espada Milamanda, era a filla morta do capitán Grandaux. Entón o primeiro oficial Amadou arma un motín, mata o capitán, cámbialle o nome ao barco polo de ``Burla Negra´´ e expulsa a Nmógadah, Mestre Lionel e mais o contramestre Xamirás Kaebr nun bote.
- Capítulo 7,Poder de damas mortas: Nmógadah desperta e,el, Mestre Lionel, e mais Xamirás Kaerbr estan suxeitos por Lira Mascato, unha aguia xigante. Esta lévaos ao pazo de cristal das damas mortas de Fnechrinn, chamado Francastel. Alí atópabase Calpurnia Abana, a filla do capitan Grandaux. Esta droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Xamirás Kaebr e Mestre Lionel foxen de alí sabendo. Estes van á Serra da Boa Esperanza, terra dos Hirr Henn Ys, que lles confirman a Mestre Lionel e a Xamirás Kaerbr que Nmógadah se encontra nunha trampa das Damas mortas de Finechrinn, pero teñen a solución, estes pódeno salvar grazas aos seus pexegos cos cales fabrican as ``Bolas Escarlatas´´ , que anulan o efecto das Chunilain, e de feito estes utilizan ditas bolas para repeler as doncelas Finechrinn. Finalmente as damas Finechrinn e Lira Mascato entran nunha guerra contra os Hirr henn Ys, na que salvan a Nmógadah e conseguen derrotar a todas as Damas Finechrinn e a Lira Mascato.
- Capítulo 8,As camelias do regreso: Tras a vitoria fronte as Damas mortas de Finechrim, Nmógadah, Mestre Lionel e mais Xamirás Kaerbr despídense. Cada un colle unha Camelia do Regreso, que os levará a cada un ao seu respectivo destino. Mais cando Nmógadah colle a súa pensando que voltará á Casa Pequena do país de Arnoia, equivócase, aparece fronte o espello do armario do seu cuarto, nunca viaxara, a espada Milamanda e mais o Libredrón foran apagándose ata desaparecer por completo, Nmógadah deixaba de ser un Principe Secreto ao igual que os mociños que cumpren dezasete anos.
En resumo, o que menos me gustou foi a excesiva extensión para contar unha cousa, dando moitos datos que considero inecesarios, xa que non se repiten ao longo da narración. (Recensión por capítulos, igual á que xa fixo Nicolás Varela. Tes que realizar un resumo argumentativo de 10 liñas máximo e engadirlle un comentario argumentativo)