Dos arquivos do trasno.Eva Vázquez
De Wiki Aller
| (Non se mostra unha revisión do historial.) | |||
| Liña 1: | Liña 1: | ||
| - | ''Dos arquivos do trasno'' é un libro de relatos de Rafael Diestre. Nel cóntasenos a través dos personaxes de cada relato | + | ''Dos arquivos do trasno'' é un libro de relatos de Rafael Diestre. Nel cóntasenos a través dos personaxes de cada relato a situación na que se encontraba Galicia neses anos. |
| - | Este libro está composto por vinte relatos breves que nos mostran actos drámaticos da época como o exilio, a emigración... mediante uns personaxes que nos ensinan os problemas que tiñan | + | Este libro está composto por vinte relatos breves que nos mostran actos drámaticos da época como o exilio, a emigración... mediante uns personaxes que nos ensinan os problemas que tiñan antano. |
| - | Un dos relatos máis importantes para min é ''O neno suicida'' no que se nos conta a historia dun home que naceu vello e que co paso do tempo se ía facendo máis novo, e como non sabía como ía ser a súa morte, decidiu matarse dun tiro cando xa era un neno. | + | Un dos relatos máis importantes para min é ''O neno suicida'' no que se nos conta a historia dun home que naceu vello e que co paso do tempo se '''ía''' facendo máis novo, e como non sabía como ía ser a súa morte, decidiu matarse dun tiro cando xa era un neno. |
Outro relato que debo mencionar é ''Un conto de reis'' no que un home ten que elaborar un relato relativo aos Reis Magos, este labor vese facilitado cando nunha taberna escoita unha historia dun home que traballou para Melchor. E así elabora o conto que tanto pode ser real ou imaxinario. | Outro relato que debo mencionar é ''Un conto de reis'' no que un home ten que elaborar un relato relativo aos Reis Magos, este labor vese facilitado cando nunha taberna escoita unha historia dun home que traballou para Melchor. E así elabora o conto que tanto pode ser real ou imaxinario. | ||
Os demais relatos fan fortes denuncias da sociedade da época, por exemplo,''Once mil novecentos vinte e seis'' no que nos ensina a crueldade do ser humano, xa que un home come a outro. | Os demais relatos fan fortes denuncias da sociedade da época, por exemplo,''Once mil novecentos vinte e seis'' no que nos ensina a crueldade do ser humano, xa que un home come a outro. | ||
En resumo, este libro fainos reflexionar sobre a crueldade e corrupción do ser humano, non só na época de Rafael Diestre, senón tamén nos nosos días. | En resumo, este libro fainos reflexionar sobre a crueldade e corrupción do ser humano, non só na época de Rafael Diestre, senón tamén nos nosos días. | ||
| + | '''Corrixido''' | ||
Revisión actual feita o 13 de xuño de 2012 ás 17:23
Dos arquivos do trasno é un libro de relatos de Rafael Diestre. Nel cóntasenos a través dos personaxes de cada relato a situación na que se encontraba Galicia neses anos. Este libro está composto por vinte relatos breves que nos mostran actos drámaticos da época como o exilio, a emigración... mediante uns personaxes que nos ensinan os problemas que tiñan antano. Un dos relatos máis importantes para min é O neno suicida no que se nos conta a historia dun home que naceu vello e que co paso do tempo se ía facendo máis novo, e como non sabía como ía ser a súa morte, decidiu matarse dun tiro cando xa era un neno. Outro relato que debo mencionar é Un conto de reis no que un home ten que elaborar un relato relativo aos Reis Magos, este labor vese facilitado cando nunha taberna escoita unha historia dun home que traballou para Melchor. E así elabora o conto que tanto pode ser real ou imaxinario. Os demais relatos fan fortes denuncias da sociedade da época, por exemplo,Once mil novecentos vinte e seis no que nos ensina a crueldade do ser humano, xa que un home come a outro. En resumo, este libro fainos reflexionar sobre a crueldade e corrupción do ser humano, non só na época de Rafael Diestre, senón tamén nos nosos días. Corrixido