O Naranxo.Lucía Fernández
De Wiki Aller
| (Non se mostra unha revisión do historial.) | |||
| Liña 1: | Liña 1: | ||
| - | O Naranxo é un libro de relatos de Valenzuela Otero. Neste libro cóntansenos historias de personaxes | + | ''O Naranxo'' é un libro de relatos de Valenzuela Otero. Neste libro cóntansenos historias de personaxes,algúns de Lalín. O libro está composto de doce relatos breves que nos presentan situacións divertidas da vida cotiá daqueles anos. Para min un dos relatos máis importantes, que é o que dá o nome ao libro, é "O Naranxo" no que se narra a historia dun home de Lalín que todo o mundo di que está tolo xa que el afirma que todas as casas, lugares, fincas e todos os arredores son del; pero en realidade non ten nada. Outro dos relatos a mencionar, que coido é o mellor, é o do " Meu tío Queitano" no que se narra como o que era unha herdanza que lle deixaba un tío ao seu sobriño, o protagonista, pode chegar a ser unha traxedia xa que por culpa da mesma cambia toda a súa vida. Nesta historia móstransenos de xeito humorístico as penas que sufrían os labregos. Salientar por último o entretemento que hai nestas historias e a preocupación por Galicia. |
| - | En conclusión, é un libro moi | + | En conclusión, é un libro moi ameno, cunhas boas tramas e cunha gran riqueza léxica. |
Revisión actual feita o 21 de xuño de 2012 ás 15:34
O Naranxo é un libro de relatos de Valenzuela Otero. Neste libro cóntansenos historias de personaxes,algúns de Lalín. O libro está composto de doce relatos breves que nos presentan situacións divertidas da vida cotiá daqueles anos. Para min un dos relatos máis importantes, que é o que dá o nome ao libro, é "O Naranxo" no que se narra a historia dun home de Lalín que todo o mundo di que está tolo xa que el afirma que todas as casas, lugares, fincas e todos os arredores son del; pero en realidade non ten nada. Outro dos relatos a mencionar, que coido é o mellor, é o do " Meu tío Queitano" no que se narra como o que era unha herdanza que lle deixaba un tío ao seu sobriño, o protagonista, pode chegar a ser unha traxedia xa que por culpa da mesma cambia toda a súa vida. Nesta historia móstransenos de xeito humorístico as penas que sufrían os labregos. Salientar por último o entretemento que hai nestas historias e a preocupación por Galicia. En conclusión, é un libro moi ameno, cunhas boas tramas e cunha gran riqueza léxica.