Non agardei por ninguén.Jesús Mouriño
De Wiki Aller
(Nova páxina: " Categoría:Literatura galega.Lecturas opcionais") |
|||
| (Non se mostran 14 revisións do historial.) | |||
| Liña 1: | Liña 1: | ||
| - | + | O libro "Non agardei por ninguén", pertencente a autoría de Ramón de Valenzuela, conta dun xeito autobiográfico as vivencias de Gonzalo Ozores, un republicano galeguista durante o levantamento militar en Galicia que ten que fuxír da represión con compañeiros do seu ideal ata chegar ao bando republicano. Ten que pasar por moitas dificultades, como alistarse no exército franquista onde atopa xente cos seus mesmos ideais, alí traballará as ordes xuíz, despois consegue ir á fronte deixando a súa moza cando esta se decata de que non comparte a mesma ideoloxía, unha vez chega á fronte, xunto cun grupo de catro homes cos mesmos ideais ca el, cruzan as trincheiras ata chegar ao bando republicano, ao final do texto manda un telegrama para avisar da súa chegada coa frase: "Chamei por todos, non agardei por ninguén" que resume toda a historia e dá título á novela. Durante toda a novela cóntanos como estaba Galicia e algunhas zonas do norte durante a Guerra Civil, a represión sufrida polos que non tiñan o mesmo ideal, a vida dos fuxidos, o misterio por quen sería o gañador da guerra... Contado dende o punto de vista republicano co que destapa os poucos argumentos cos que se pode defender o franquismo. | |
| - | + | '''(Corrixe o que está en negriña)''' | |
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
| - | + | ||
Revisión actual feita o 23 de xuño de 2012 ás 19:35
O libro "Non agardei por ninguén", pertencente a autoría de Ramón de Valenzuela, conta dun xeito autobiográfico as vivencias de Gonzalo Ozores, un republicano galeguista durante o levantamento militar en Galicia que ten que fuxír da represión con compañeiros do seu ideal ata chegar ao bando republicano. Ten que pasar por moitas dificultades, como alistarse no exército franquista onde atopa xente cos seus mesmos ideais, alí traballará as ordes xuíz, despois consegue ir á fronte deixando a súa moza cando esta se decata de que non comparte a mesma ideoloxía, unha vez chega á fronte, xunto cun grupo de catro homes cos mesmos ideais ca el, cruzan as trincheiras ata chegar ao bando republicano, ao final do texto manda un telegrama para avisar da súa chegada coa frase: "Chamei por todos, non agardei por ninguén" que resume toda a historia e dá título á novela. Durante toda a novela cóntanos como estaba Galicia e algunhas zonas do norte durante a Guerra Civil, a represión sufrida polos que non tiñan o mesmo ideal, a vida dos fuxidos, o misterio por quen sería o gañador da guerra... Contado dende o punto de vista republicano co que destapa os poucos argumentos cos que se pode defender o franquismo. (Corrixe o que está en negriña)