Arnoia.Arnoia.Noemi Jácome

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
m (Protexeu "Arnoia.Arnoia.Noemi Jácome" ([edit=sysop] (indefinido) [move=sysop] (indefinido)))
 

Revisión actual feita o 16 de xuño de 2013 ás 10:42

Resumo:

Este libro trata das aventuras nas que se mete un dos príncipes segredos das terras de Arnoia chamado Nmógadah. Despois do asasinato da súa nai foi expulsado das súas terras e apresado xunto ao Mestre Lionel co cal máis tarde logra fuxir daquel lugar. Unha vez fóra daquel cárcere percorren un bosque co propósito de atopar a espada Milmanda. Cando xa a atoparon, volven ser capturados, pero son capaces de fuxir de novo. Entón, empezan a viaxe en barco dirixida a Arnoia, coa mala sorte de ser expulsados do barco e ter que ir nun bote. Após disto, Nmógadah é drogado e cae baixo o feitizo das Finechrinn, sendo rescatado grazas aos seus compañeiros e aos Hirr Henn Ys. Cando rematan as fazañas, descobre que todo foi un soño.



Texto expositivo:

Esta novela o que quere é reflectir o concepto da emigración do pobo galego así como o retorno á terra xa sexa por morriña ou por calquera outro motivo, este tema está moi presente na mente dos galegos porque moitos dos nosos avós e bisavós tiveron que emigrar por non teren cartos para vivir e na procura dunha vida mellor aínda que non sempre a conseguían. A verdade é que este libro non é de gusto difícil xa que non é doado de comprender, ao ofrecernos moitos escenarios distintos e moitos personaxes con nomes moi complexos o que lle dá un toque de pesadume a historia que fai que non sigas a ler o libro xa que en ningún momento te atrapa nas súas redes tanto como che gustaría que o fixese. En ocasións é bastante confuso ao aportarnos un montón de datos sen importancia que non se volven mencionar e total para acabar dicindo que todo é un soño, polo que nada diso aconteceu na realidade. Dicir por último que é posible que a emigración e a morriña pola nosa terra non sexa o único tema que se pode observar nesta historia pero despois de todos os acontecementos e voltas que dá realmente só lle atopamos ese sentido, e é posible incluso que haxa xente que non estea de acordo con estas observacións pero iso depende do punto de vista do lector.

Ferramentas persoais