Tinta.Noemi Jácome
De Wiki Aller
m (Protexeu "Tinta.Noemi Jácome" ([edit=sysop] (indefinido) [move=sysop] (indefinido))) |
|||
| (Non se mostra unha revisión do historial.) | |||
| Liña 1: | Liña 1: | ||
| - | |||
== '''Resumo''' == | == '''Resumo''' == | ||
Revisión actual feita o 16 de xuño de 2013 ás 10:54
Resumo
Estas distintas historias á fin e ao no son ben diferentes xa que todas pretenden contarnos como os personaxes dos distintos relatos o que querían era fuxir, emigrar para buscar una vida mellor na cal poder ser felices a pesar de que non todos o van conseguir. Isto pódese ver máis claramente nos tres primeiros: no primeiro, chamado “Daltóns da segunda xeración”, contase como un dos irmáns Daltón se ve obrigado a emigrar por débedas que non é capaz de pagar; no segundo, “Aqueles que retratan o vento”, refírenos como unha rapaza ao casar cun home que pretendía emigrar ten que ir con el e así pasa co resto dos pequenos relatos que nalgún momento tocan o tema da emigración.
Valoración
Este libro non gusta moito por varios motivos: o primeiro é que o narrador non nos permite entender ben os distintos relatos que pretende contar. Dicir tamén que o enfoque que lle dá á emigración non é o correcto nin o xeito en como describe os personaxes. Por último engadir que os libros de relatos non son tan amenos como as novelas xa que presentan diferentes historias e personaxes con cadansúa anécdota, aínda que no fondo poidan ter un tema en común.