Yolanda Castaño

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
(Traxectoria)
Liña 1: Liña 1:
-
'''Yolanda Castaño''' é unha poeta nada na Coruña no ano 1977.
+
'''Yolanda Castaño''' é unha poeta galega nada na Coruña no ano 1977.
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 18 de maio de 2011 ás 11:20

Yolanda Castaño é unha poeta galega nada na Coruña no ano 1977.

Traxectoria

Esta poeta deuse a coñecer ao mundo nos anos 90 con poemas soltos. No ano 1995 publicou o seu primeiro poemario, Elevar as pálpebras, que lle valeu o premio Fermín Bouza Brey. No ano 1998 editáronse os seus poemarios Delicia e Vivimos no ciclo das Erofanías, este último recibido con grande acollida entre o público.Nesta época.a autora comeza a realizar unha dobre labor: por un lado escribe poemas en galego, e por outro,tradúcese a sí mesma ao castelán.

Colaborou en diversas publicacións a raíz da súa faceta como crítica,como foron Festa da palabra silenciada e A Xanela.

Foi secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG),ademais de Letras de Cal,unha editorial coa que se adicou á publicación de obras de autores noveis,principalmente.

Foi destacable,igualmente,a súa participación en diversos volumes colectivos,entre os que destacan Daquelas que cantan..., Rosalía na palabra de once poetas galegas ,Mulher a facer vento e Alguien agarda que volva allí .Asímesmo,organizou xunto a Emma Couceiro os Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía.

En canto aos seus traballos máis actuais,destaca o seu traballo de responsable da Galería Sargadelos no ano 2007.Tamén se adicou a traballos na televisión, na que foi directora e presentadora do programa Mercuria.Actualmente atópase traballando neste medio de comunicación, como colaboradora no programa Cifras e Letras da TVG,presentado por Paco Lodeiro e coa colaboración de Jorge Mira.

Ferramentas persoais