Yolanda Castaño
De Wiki Aller
| Liña 27: | Liña 27: | ||
== Bibliografía == | == Bibliografía == | ||
| - | [http://www.yolandacastano.com/home.htm] | + | [http://www.yolandacastano.com/home.htm]http://www.yolandacastano.com/home.htm |
[http://es.wikipedia.org/wiki/Yolanda_Casta%C3%B1o] | [http://es.wikipedia.org/wiki/Yolanda_Casta%C3%B1o] | ||
Revisión actual feita o 23 de maio de 2011 ás 14:34
Yolanda Castaño é unha poeta galega nada na Coruña no ano 1977.
Índice |
Traxectoria
Esta poeta deuse a coñecer ao mundo nos anos 90 con poemas soltos. No ano 1995 publicou o seu primeiro poemario, Elevar as pálpebras, que lle valeu o premio Fermín Bouza Brey. No ano 1998 editáronse os seus poemarios Delicia e Vivimos no ciclo das Erofanías, este último recibido con grande acollida entre o público. Nesta época, a autora comeza a realizar unha dobre labor un dobre labor: por un lado, escribe poemas en galego e ,por outro, tradúcese a sí si mesma ao castelán.
Colaborou en diversas publicacións a raíz da súa faceta como crítica, como foron Festa da palabra silenciada e A Xanela.
Foi secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), ademais de Letras de Cal, unha editorial coa que se dedicou á publicación de obras de autores noveis, principalmente.
Foi destacable, igualmente, a súa participación en diversos volumes colectivos, entre os que destacan Daquelas que cantan..., Rosalía na palabra de once poetas galegas ,Mulher a facer vento e Alguien agarda que volva allí . Así mesmo, organizou xunto a Emma Couceiro os Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía.
En canto aos seus traballos máis actuais, destaca o seu traballo labor como de responsable da Galería Sargadelos no ano 2007. Tamén se dedicou a traballos na televisión, na que foi directora e presentadora do programa Mercuria. Actualmente atópase traballando neste medio de comunicación, como colaboradora no programa Cifras e Letras da TVG, presentado por Paco Lodeiro e coa colaboración de Jorge Mira.
Obras
Elevar as pálpebras(1995)
Delicia (1998)
Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
O libro da egoísta (2003)
Profundidade de campo (2007)
Bibliografía
[1]http://www.yolandacastano.com/home.htm
["Yolanda Castaño". En: escritoras.com [en línea]. 16 ene 2004. [Consulta: 19 may 2011]. <http://www.escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=151>.]