Non agardei por ninguén.Jesús Mouriño

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
 
(Non se mostran 9 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
-
"O Naranxo" é un libro de relatos da autoría de Ramón de Valenzuela. Contén 12 relatos breves nos que mestura a realidade coa fantasía, todos eles contados cun ton pesimista con temas como a morte, a soidade... O mellor relato é o de "O Naranxo" que lle da título o libro e narra unha conversación cun tolo que di ser millonario e dono de moitísimas terras pero que todos saben que é mentira, malia iso creo que fala con propiedade e pode que non sea rico ó xeito dos demais pero sí outra clase de rico como di o narrador, outro texto que me gustou moito foi o de "Manoel o dos cans" que conta a historia doutro pobre tolo que non fai mal a ninguén e acaba arrestado ao mallar ata matar a unha muller por bicalo, xa que estaba namorada del. Todos os relatos conteñen trazos fantásticos que o autor mestura cos reais que nos fan unha lectura entretida, algúns relatos como "O castelo de Cira" son algo extraños e non se entende ben o acontecido, algúns tamén contan cuns finais abertos que deixan o lector con intriga e a maioría son de carácter didáctico.
+
O libro "Non agardei por ninguén", pertencente a autoría de Ramón de Valenzuela, conta dun xeito autobiográfico as vivencias de Gonzalo Ozores, un republicano galeguista durante o levantamento militar en Galicia que ten que fuxír da represión con compañeiros do seu ideal ata chegar ao bando republicano. Ten que pasar por moitas dificultades, como alistarse no exército franquista onde atopa xente cos seus mesmos ideais, alí  traballará as ordes xuíz, despois consegue ir á fronte deixando a súa moza cando esta se decata de que non comparte a mesma ideoloxía, unha vez chega á fronte, xunto cun grupo de catro homes cos mesmos ideais ca el, cruzan as trincheiras ata chegar ao bando republicano, ao final do texto manda un telegrama para avisar da súa chegada coa frase: "Chamei por todos, non agardei por ninguén" que resume toda a historia e dá título á novela. Durante toda a novela cóntanos como estaba Galicia e algunhas zonas do norte durante a Guerra Civil, a represión sufrida polos que non tiñan o mesmo ideal, a vida dos fuxidos, o misterio por quen sería o gañador da guerra... Contado dende o punto de vista republicano co que destapa os poucos argumentos cos que se pode defender o franquismo.
-
 
+
'''(Corrixe o que está en negriña)'''
-
 
+
-
 
+

Revisión actual feita o 23 de xuño de 2012 ás 19:35

O libro "Non agardei por ninguén", pertencente a autoría de Ramón de Valenzuela, conta dun xeito autobiográfico as vivencias de Gonzalo Ozores, un republicano galeguista durante o levantamento militar en Galicia que ten que fuxír da represión con compañeiros do seu ideal ata chegar ao bando republicano. Ten que pasar por moitas dificultades, como alistarse no exército franquista onde atopa xente cos seus mesmos ideais, alí traballará as ordes xuíz, despois consegue ir á fronte deixando a súa moza cando esta se decata de que non comparte a mesma ideoloxía, unha vez chega á fronte, xunto cun grupo de catro homes cos mesmos ideais ca el, cruzan as trincheiras ata chegar ao bando republicano, ao final do texto manda un telegrama para avisar da súa chegada coa frase: "Chamei por todos, non agardei por ninguén" que resume toda a historia e dá título á novela. Durante toda a novela cóntanos como estaba Galicia e algunhas zonas do norte durante a Guerra Civil, a represión sufrida polos que non tiñan o mesmo ideal, a vida dos fuxidos, o misterio por quen sería o gañador da guerra... Contado dende o punto de vista republicano co que destapa os poucos argumentos cos que se pode defender o franquismo. (Corrixe o que está en negriña)

Ferramentas persoais