Dos arquivos do trasno.Arón Díaz

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
m (Protexeu "Dos arquivos do trasno.Arón Díaz" ([edit=sysop] (indefinido) [move=sysop] (indefinido)))
 
(Non se mostra unha revisión do historial.)
Liña 1: Liña 1:
 +
== Resumos ==
 +
'''Sobre da morte de Bieito''':
 +
Este curto relato trata o momento en que levan ao Bieito no ataúde para enterralo no camposanto. Un dos catro homes que portaban o cadaleito, que é o narrador, oíu un rebulir dentro, pero por vergoña e por mor a ser acusado de troleiro no caso de que resultara falsa a súa sospeita, non dixo nada. Ao  rematar o enterro o home empezou a cavilar se realmente o que estaba facendo era correcto e decidiu volver de noite ao camposanto para desenterralo. Non obstante, cando xa estaba cun sacho na man a piques de liberar ao Bieito, escoitou unhas voces preto e fuxiu para evitar dar explicacións. E así remata este conto, sen saber se o home fora enterrado vivo ou simplemente fora aprehensión do narrador.
 +
 +
== Valoración ==
 +
 
 +
A dureza coa que a sociedade podía actuar contra o pobre home se a súa sospeita fora falsa fixo que calara e non avisara a ningúen de que o Bieito ía vivo. O home considerou que era mellor quedar ben coa sociedade que salvar a vida de Bieito, polo que se comportou desa forma.
 +
 +
 +
 +
'''Na morte de Estreliña''':
 +
Este curto relato trata a vida de Estreliña, unha pequena nena moi obediente e linda. Todo o que lle mandaban os seus pais ou irmás facíao sen rechistar, toda contenta. Un día morreu, pero ninguén a botou en falta por como era, senón por todo o que facía.
 +
A súa nai choraba porque agora non habería quen fixera tantas cousas, ao igual que a súa irmá. Non habería quen lles quitara de enriba tanto traballo.
 +
 +
== Valoración ==
 +
 +
O feito de que se botara en falta tanto o traballo dunha pequena nena permítenos saber a terrible situación da época.
 +
 +
 +
== VALORACIÓN PERSOAL ==
 +
 +
Esta recopilación de contos é unha obra magnífica e moi entretida, xa que está composta por numerosos relatos de fácil comprensión e temas interesantes. O seu fácil entendemento é debido á cercanía coa que o autor nos presenta os personaxes, que adoitan estar caracterizados pola tristeza que sofren debido á morte dalgún próximo, por exemplo.
 +
Cómpre destacar a xenialidade do autor ao presentarnos as situacións dos contos, pois incluso parece que ti es o protagonista, como é o caso do relato sobre a morte de Bieito. Rafael Dieste crea un certo vínculo entre a ficción e a realidade, dando lugar a esa sensación.
 +
Por ýltimo, sinalar que o título desta obra é debido a que está formada por varias historias recapituladas(arquivos) que tratan diferentes historias algo misteriosas(do trasno).

Revisión actual feita o 16 de xuño de 2013 ás 10:45

Índice

Resumos

Sobre da morte de Bieito: Este curto relato trata o momento en que levan ao Bieito no ataúde para enterralo no camposanto. Un dos catro homes que portaban o cadaleito, que é o narrador, oíu un rebulir dentro, pero por vergoña e por mor a ser acusado de troleiro no caso de que resultara falsa a súa sospeita, non dixo nada. Ao rematar o enterro o home empezou a cavilar se realmente o que estaba facendo era correcto e decidiu volver de noite ao camposanto para desenterralo. Non obstante, cando xa estaba cun sacho na man a piques de liberar ao Bieito, escoitou unhas voces preto e fuxiu para evitar dar explicacións. E así remata este conto, sen saber se o home fora enterrado vivo ou simplemente fora aprehensión do narrador.

Valoración

A dureza coa que a sociedade podía actuar contra o pobre home se a súa sospeita fora falsa fixo que calara e non avisara a ningúen de que o Bieito ía vivo. O home considerou que era mellor quedar ben coa sociedade que salvar a vida de Bieito, polo que se comportou desa forma.


Na morte de Estreliña: Este curto relato trata a vida de Estreliña, unha pequena nena moi obediente e linda. Todo o que lle mandaban os seus pais ou irmás facíao sen rechistar, toda contenta. Un día morreu, pero ninguén a botou en falta por como era, senón por todo o que facía. A súa nai choraba porque agora non habería quen fixera tantas cousas, ao igual que a súa irmá. Non habería quen lles quitara de enriba tanto traballo.

Valoración

O feito de que se botara en falta tanto o traballo dunha pequena nena permítenos saber a terrible situación da época.


VALORACIÓN PERSOAL

Esta recopilación de contos é unha obra magnífica e moi entretida, xa que está composta por numerosos relatos de fácil comprensión e temas interesantes. O seu fácil entendemento é debido á cercanía coa que o autor nos presenta os personaxes, que adoitan estar caracterizados pola tristeza que sofren debido á morte dalgún próximo, por exemplo. Cómpre destacar a xenialidade do autor ao presentarnos as situacións dos contos, pois incluso parece que ti es o protagonista, como é o caso do relato sobre a morte de Bieito. Rafael Dieste crea un certo vínculo entre a ficción e a realidade, dando lugar a esa sensación. Por ýltimo, sinalar que o título desta obra é debido a que está formada por varias historias recapituladas(arquivos) que tratan diferentes historias algo misteriosas(do trasno).

Ferramentas persoais