A praia dos afogados.Paula Montoto

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
(tfasç)
m (Protexeu "A praia dos afogados.Paula Montoto" ([edit=sysop] (indefinido) [move=sysop] (indefinido)))
 
(Non se mostran 8 revisións do historial.)
Liña 1: Liña 1:
 +
''A praia dos afogados'' é unha novela negra de Domingo Villar.
-
 
+
==Resumo==
-
 
+
Leo Caldas, un inspector de policía, e o seu axudante, Rafael Estévez, foron avisados de que aparecera un corpo dun home na praia. De primeiras, pensaron que se trataba dun suicidio, mais logo déronse conta de que en realidade fora un asasinato. Investigaron moito e, pouco a pouco, chegaron á conclusión de que este asasinato tiña relación co naufraxio dun barco, que sucedera moitos anos antes. Nese naufraxio morrera o capitán do barco e sobreviviran os tres tripulantes, que após disto no volveron manter ningunha relación entre eles. O cadáver atopado na praia pertencía a un dos tripulantes. Ao final, logran atrapar ao acusado e  saber por que matara a Xusto Castelo e todo o que pasara aquela noite do naufraxio.
-
 
+
Leo tamén traballaba  nun programa da radio, chamado "Patrulla nas ondas" e, sempre que podía, ía visitar o seu tío que estaba moi grave no hospital.
-
 
+
==Comentario==
-
 
+
Este libro é de bo gusto xa que é unha novela policíaca e de intriga, porque cando parece que vai suceder unha cousa, sucede totalmente o contrario. No entanto, é demasiado longo para ser unha novela xuvenil, xa que hai algúns capítulos nos que, practicamente, non se di nada, polo que deberían ser suprimidos. Non é de ben que se nomease a Alba, en varias ocasións, porén que en ningunha se comentase nada sobre ela, así como ao remate do libro, o pai lle comenta a Leo que debería chamala, mais en ningún momento se dan detalles de por que debe facelo e os motivos polos cales deixaron de falar.
 +
No libro non só se conta a historia de como asesinaron a Catelo nin os motivos, senón que tamén amosa a vida privada de Caldas,o que fai que a novela non sexa tan aburrida. Así mesmo, reflicte o duro que é o traballo dun policía, dende que descobren un cadáver ata que resolven o caso. Este libro danos a entender que non só se hai que centrar no traballo, tal e como fai Caldas no seu e, en menos medida co programa da radio, xa que tamén hai que gozar e liberarse como fai Estévez.
 +
En resumo, este é un libro recomendable porque resulta moi interesante e, sobre todo, intrigante, e no cal chegas a aprender novas cousas, unha delas vocabulario, grazas ás acepcións que trae ao comezo de cada capítulo como título.

Revisión actual feita o 16 de xuño de 2013 ás 10:39

A praia dos afogados é unha novela negra de Domingo Villar.

Resumo

Leo Caldas, un inspector de policía, e o seu axudante, Rafael Estévez, foron avisados de que aparecera un corpo dun home na praia. De primeiras, pensaron que se trataba dun suicidio, mais logo déronse conta de que en realidade fora un asasinato. Investigaron moito e, pouco a pouco, chegaron á conclusión de que este asasinato tiña relación co naufraxio dun barco, que sucedera moitos anos antes. Nese naufraxio morrera o capitán do barco e sobreviviran os tres tripulantes, que após disto no volveron manter ningunha relación entre eles. O cadáver atopado na praia pertencía a un dos tripulantes. Ao final, logran atrapar ao acusado e saber por que matara a Xusto Castelo e todo o que pasara aquela noite do naufraxio. Leo tamén traballaba nun programa da radio, chamado "Patrulla nas ondas" e, sempre que podía, ía visitar o seu tío que estaba moi grave no hospital.

Comentario

Este libro é de bo gusto xa que é unha novela policíaca e de intriga, porque cando parece que vai suceder unha cousa, sucede totalmente o contrario. No entanto, é demasiado longo para ser unha novela xuvenil, xa que hai algúns capítulos nos que, practicamente, non se di nada, polo que deberían ser suprimidos. Non é de ben que se nomease a Alba, en varias ocasións, porén que en ningunha se comentase nada sobre ela, así como ao remate do libro, o pai lle comenta a Leo que debería chamala, mais en ningún momento se dan detalles de por que debe facelo e os motivos polos cales deixaron de falar. No libro non só se conta a historia de como asesinaron a Catelo nin os motivos, senón que tamén amosa a vida privada de Caldas,o que fai que a novela non sexa tan aburrida. Así mesmo, reflicte o duro que é o traballo dun policía, dende que descobren un cadáver ata que resolven o caso. Este libro danos a entender que non só se hai que centrar no traballo, tal e como fai Caldas no seu e, en menos medida co programa da radio, xa que tamén hai que gozar e liberarse como fai Estévez. En resumo, este é un libro recomendable porque resulta moi interesante e, sobre todo, intrigante, e no cal chegas a aprender novas cousas, unha delas vocabulario, grazas ás acepcións que trae ao comezo de cada capítulo como título.

Ferramentas persoais