Chus Pato

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
Liña 3: Liña 3:
A obra de Chus Pato caracterízase pola súa radicalidade, o exercicio dunha experimentación demoledora dos discursos e lugares comúns herdados. A súa escritura está baseada na superación do concepto tradicional de poesía. Escrita en prosa, a súa poesía acolle, non só distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaio filosófico, senón que tamén unha polifonía de voces que inclúe unha pléiade de personaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros.Tematicamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos seus eixos temáticos máis habituais. Neste senso, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilisticamente a súa escritura caraterízase por unha sintaxe sincopada e a referencia a mitos grecolatinos como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata.

O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político comunista e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata).Estivo casada co historiador Anselmo López Carreira, co que tivo dúas fillas.

-
'''Poemarios publicados:'''
+
Os primeiros poemas de Chus Pato apareceron na revista ''Escrita'' (1984) e, dende entón, aparte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: ''Luzes de Galiza, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro'', etc.; en libros colectivos: ''Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns''; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética ''8 e medio'', así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do Patronato Rosalía, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.
-
    * Urania. Ourense: Calpurnia, 1991.
+
-
    * Heloísa. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
+
-
    * Fascinio. Muros: Toxosoutos, 1995. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2010.
+
-
    * A ponte das poldras. Santiago de Compostela: Noitarenga, 1996. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2006.
+
-
    * Nínive. Vigo: Xerais, 1996 (Premio Losada Diéguez, 1997).
+
-
    * m-Talá. Vigo: Xerais, 2000.
+
-
    * Charenton. Vigo: Xerais, 2004.
+
-
    * Hordas de escritura. Vigo: Xerais, 2008. Premio da Crítica de poesía galega, Premio Losada Diéguez.
+
-
    * Secesión. Vigo: Galaxia, 2009.
+
-
    * Nacer é unha república de árbores, 2010 (antoloxía poética sonora).
+

Revisión como estaba o 26 de maio de 2011 ás 09:36

Chus Pato é unha poeta nada en Ourense no ano 1955. Profesionalmente, ensina xeografía e historia na ensinanza secundaria. É unha das figuras máis relevantes da poesía galega actual. Xunto con outras autoras, como María Xosé Queizán, é protagonista dunha corrente que buscou reconstruír a tradición literaria galega no ámbito da poesía. A obra de Chus Pato caracterízase pola súa radicalidade, o exercicio dunha experimentación demoledora dos discursos e lugares comúns herdados. A súa escritura está baseada na superación do concepto tradicional de poesía. Escrita en prosa, a súa poesía acolle, non só distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaio filosófico, senón que tamén unha polifonía de voces que inclúe unha pléiade de personaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros.Tematicamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos seus eixos temáticos máis habituais. Neste senso, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilisticamente a súa escritura caraterízase por unha sintaxe sincopada e a referencia a mitos grecolatinos como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata. O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político comunista e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata).Estivo casada co historiador Anselmo López Carreira, co que tivo dúas fillas. Os primeiros poemas de Chus Pato apareceron na revista Escrita (1984) e, dende entón, aparte de nos seus libros, nunca deixou de colaborar en múltiples publicacións: Luzes de Galiza, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, Ólisbos, Revista das letras, Dorna, Clave Orión, A Trabe de Ouro, etc.; en libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns; no ano 1992, con outras sete mulleres, publica en Edicións do Dragón a carpeta poética 8 e medio, así mesmo participa na homenaxe a Rosalía de Castro no cincuentenario da fundación do Patronato Rosalía, co gallo do cal se edita un CD cos poemas recitados, con música de Rodrigo Romaní, e un libro que recolle os textos e fotografías de María Esteirán (1997); participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias.

Ferramentas persoais