O Naranxo.Manuel Isidro

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
Liña 1: Liña 1:
-
 
+
´´O Naranxo`` é un libro da autoría de Ramón Valenzuela Otero no cal recóllense doce relatos situados en diversos lugares da comarca dezá. Neste libro, mestúranse historias que mesmo poderían ser certas con outras meramente irreais, polo que hai unha mestura de realidade con fantasía,todas elas contadas cun ton certemente pesimista e temas como a loucura, a soidade, a morte…, que ben se poderían xustificar polo contexto histórico que lle tocou vivir ao seu autor. Os relatos que máis me gustaron foron o do ``Naranxo´´, ``Don Andrés, o millonario´´ e ``Manoel, o dos cans´´. ``O Naranxo´´ é o relato con que se lle da título a obra, e esta trata sobre un tolo que di ser dono de moitos capitais, todos os veciños saben que é mentira, mais trátano con afecto e convidano a comer sempre que poden. En ´´Don Andrés o millonario``, nárrase de forma cómica o envío que fixo o seu protagonista, Andrés. ´´Manoel, o dos cans``, é a historia doutro tolo que anda polas rúas pedindo que lle den de comer e acompañano sempre sete cans, nárrase que unha das veciñas, namorada del, bicao un día e este mataa. Este libro recoméndollo a todo o mundo pero máis concretamente a todas as persoas da comarca do deza, xa que aparecen mitos e lendas que poden axudar a coñecer mellor a nosa comarca. Ademais disto, merece ser nomeado a labor desempeñada por Mario Pereira e Manuel Iglesias, nunha nova reedición do libro orixinal, na cal se recollen algúns dos relatos orixinais que foran publicados con anterioridade en revistas arxentinas.
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2012 ás 21:59

Ferramentas persoais