Chus Pato

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
Liña 2: Liña 2:
É unha das figuras máis relevantes da poesía galega actual. Xunto con outras autoras, como María Xosé Queizán, é protagonista dunha corrente que buscou reconstruír a tradición literaria galega no ámbito da poesía.

A obra de Chus Pato caracterízase pola súa radicalidade, o exercicio dunha experimentación demoledora dos discursos e lugares comúns herdados. A súa escritura está baseada na superación do concepto tradicional de poesía. Escrita en prosa, a súa poesía acolle, non só distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaio filosófico, senón que tamén unha polifonía de voces que inclúe unha pléiade de personaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros.Tematicamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos seus eixos temáticos máis habituais. Neste senso, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilisticamente a súa escritura caraterízase por unha sintaxe sincopada e a referencia a mitos grecolatinos como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata.

-
O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político comunista e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata).
+
O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político comunista e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata).Estivo casada co historiador Anselmo López Carreira, co que tivo dúas fillas.
 +
'''Poemarios publicados:'''
 +
    * Urania. Ourense: Calpurnia, 1991.
 +
    * Heloísa. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
 +
    * Fascinio. Muros: Toxosoutos, 1995. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2010.
 +
    * A ponte das poldras. Santiago de Compostela: Noitarenga, 1996. 2ª ed., Vigo: Galaxia, 2006.
 +
    * Nínive. Vigo: Xerais, 1996 (Premio Losada Diéguez, 1997).
 +
    * m-Talá. Vigo: Xerais, 2000.
 +
    * Charenton. Vigo: Xerais, 2004.
 +
    * Hordas de escritura. Vigo: Xerais, 2008. Premio da Crítica de poesía galega, Premio Losada Diéguez.
 +
    * Secesión. Vigo: Galaxia, 2009.
 +
    * Nacer é unha república de árbores, 2010 (antoloxía poética sonora).

Revisión como estaba o 26 de maio de 2011 ás 09:32

Chus Pato é unha poeta nada en Ourense no ano 1955. Profesionalmente, ensina xeografía e historia na ensinanza secundaria. É unha das figuras máis relevantes da poesía galega actual. Xunto con outras autoras, como María Xosé Queizán, é protagonista dunha corrente que buscou reconstruír a tradición literaria galega no ámbito da poesía. A obra de Chus Pato caracterízase pola súa radicalidade, o exercicio dunha experimentación demoledora dos discursos e lugares comúns herdados. A súa escritura está baseada na superación do concepto tradicional de poesía. Escrita en prosa, a súa poesía acolle, non só distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaio filosófico, senón que tamén unha polifonía de voces que inclúe unha pléiade de personaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros.Tematicamente, Chus Pato asume o compromiso da literatura coas reivindicacións ideolóxicas, sendo o nacionalismo galego, a visión marxista da realidade e a conciencia de xénero algúns dos seus eixos temáticos máis habituais. Neste senso, a importancia da linguaxe como sistema de creación simbólica na sociedade contemporánea ten un papel destacado na súa reflexión crítica. Estilisticamente a súa escritura caraterízase por unha sintaxe sincopada e a referencia a mitos grecolatinos como ilustradores metafóricos da realidade máis inmediata. O compromiso de Chus Pato coa realidade contemporánea lévaa a involucrarse de forma directa na vida política e cultural galega. Cabeza de lista habitual da Frente Popular Galega (partido político comunista e independentista) pola provincia de Ourense, Chus Pato pertence tamén a varias agrupacións tanto de índole literaria (o PEN Club) coma político-social (Redes Escarlata).Estivo casada co historiador Anselmo López Carreira, co que tivo dúas fillas. Poemarios publicados: