Arnoia, Arnoia:Nicolás Varela

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
Liña 25: Liña 25:
*'''''Capítulo 7''''': Despertan enriba de Lira Mascato, unha águia xigante. Esta lévaos onda Calpurnia Abana, que está no pazo de cristal das damas mortas Finechrinn chamado Francastel. Ela droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Mestre Lionel  e Xamirás Kaebr foxen de alí, intuíndo que algo non vai ben. Van á Serra da Boa Esperanza ou Delourabana, terra dos Hirr Henn Ys, que lles certifican que Nmógadah está nunha trampa das Finechrinn, pero que o poden salvar grazas aos seus pexegos, que anulan o efecto das Chunnilain. Así entran nun conflito que enfronta aos Hirr Henn Ys contra as Finachrinn e Lira Mascato. Finalmente conseguen liberar a Nmógadah e acabar coas Finechrinn e Lira Mascato (que Nmógadah mata coa Milmanda).
*'''''Capítulo 7''''': Despertan enriba de Lira Mascato, unha águia xigante. Esta lévaos onda Calpurnia Abana, que está no pazo de cristal das damas mortas Finechrinn chamado Francastel. Ela droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Mestre Lionel  e Xamirás Kaebr foxen de alí, intuíndo que algo non vai ben. Van á Serra da Boa Esperanza ou Delourabana, terra dos Hirr Henn Ys, que lles certifican que Nmógadah está nunha trampa das Finechrinn, pero que o poden salvar grazas aos seus pexegos, que anulan o efecto das Chunnilain. Así entran nun conflito que enfronta aos Hirr Henn Ys contra as Finachrinn e Lira Mascato. Finalmente conseguen liberar a Nmógadah e acabar coas Finechrinn e Lira Mascato (que Nmógadah mata coa Milmanda).
 +
*'''''Capítulo 8''''': ´Tras isto, Mestre Lionel despídese de Nmógadah e Xamirás Kaebr. Cada un colle unha das camelias do regreso, que os levarán aos seus repectivos destiños. Pero cando Nmógadah colle a súa crendo que voltará a Arnoia equivócase, xa que nunca houbo tal Arnoia. Cando colle a Milmanda, descobre que esta se apaga e que el mesmo deixa de ser un Príncipe Segredo.
== Ligazóns ==
== Ligazóns ==

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2012 ás 19:31

Arnoia, Arnoia é un libro do autor [1] Xosé Luís Mendez Ferrín, publicado por primeira vez en 1985. Está adicado a Oriana, Roi e Cristal (dos que nada sabemos). Leva xa sete edicións, catro delas dentro da colección "Fóra de Xogo", da editorial Xerais. Foi traducido a castelán por Xavier Rodríguez Baixeras para a editorial Anaya no 1990.

Índice

O Autor

Xóse Luís Mendez Ferrín naceu e Ourense no 1938. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e Filoloxía Románica en Madrid. Alí tomou contacto con galeguistas e esquerdistas para finalmente no 1958 pasar a formar parte do grupo [2]Brais Pinto. No 1965 obtén a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo. Foi proceso tres veces debido ás súas actividades políticas. Actualmente é columnista no diario Faro de Vigo e director da revista [3]A Trabe de Ouro. Tamén é membro da Real Academia Galega (da cal é presidente) e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo

Ferrín foi galardoado por moitos premios, tales coma o Premio da Crítica Española, Premio Losada Diéguez, Premio Trasalba ou o Premio Nacional de Literatura. Foi nomeado como candidato ao Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.


O Libro

En Arnoia, Arnoia fálasenos da viaxe de Nmógadah, un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia, na procura de aventuras.

  • Capítulo 1: Nmógadah é apresado polos policías Montaos tralo asasinato da súa nai, Mai Loretta. Estes lévao ata unha pousada en Armenia (cerca das portas de Ulfe, ao fin das antigas terras de Tagen Ata). Alí encérrano cun castrón co poder e comunicarse mentalmente chamado Mestre Lionel. Xunto con este consegue fuxir da prisión grazas ao Libredón, unha marca estrelada que leva na man que lle permite atravesar a parede.
  • Capítulo 2: O rapaz e castrón atopan un castelo mentres fuxían. Trátase do castelo dos Leabertkolm, unha raza de xigantes. Alí son apresados, e para poder ser liberados deben solucionar unha adiviña que lles porpón o rei dos xigantes, Hannak Oberzen. Soluciónana pero, ao facelo un Príncipe Segredo de dezaseis anos como Nmógadah, Oberzen enfurece e carga contra eles coa súa ollada de lume, poder que o fixo rei. Pero Mestre Lionel consegue confunfir aos xigantes e él e Nmógadah conseguen fuxir.
  • Capítulo 3: Tras disto conseguen ir á selva de Brocelandia, onde se atopan con Grutanka, un cabaleiro fillo dun deus vello. Este ensínalles onde se atopa a máxica espada Milmanda. Está nunha fonte onde hai unha estatua de alabastro dunha dama pola que Nmógadah se namora. Pero caen nunha trampa.
  • Capítulo 4: Os Grou, unha tribu de mineiros, aprésanos, desármanos e separanos. Nmógadah é obligado a traballar de mineiro na busca da Trabe de Ouro dos Profundos que os Grou levan buscando séculos. Pero grazas a unha mensaxe de Mestre Lionel coñece a Ronaldo Macsen, outro preso que está á cabeza dun grupo de escravos que intenta fuxir da minañ. E conseguen fuxir de novo, coas armas.
  • Capítulo 5: Logo conseguen enrolarse nunha caravana dos Outigulam que se dirixe a Lee Poeirento, a seguir a rota do Sol. Nunha parada, o ex-oficial Brandaberis cítalle a Nmógadah as Oito Palabras Retorneadas que non debe esquecer, xa que o acompañarán toda a vida.
  • Capítulo 6: Ao chegaren a Fisterra, Mestre Lionel e Nmógadah abandonan a caravana dos Outigulam e conseguen unha embarcación para ir a Arnoia, a terra de Nmógadah. No Calpurnia Abana, o clíper, viaxan tamén o capitán Grandaux e o contramestre Xamirás Kaebr. Nmógadah descobre que a filla morta de Grandaux, Calpurni Abana, era a rapariga a fonte. Entón o primeiro oficial Amadou arma un motín e bota a Nmógadah, Mestre Lionel e Xamirás Kaebr nun bote.
  • Capítulo 7: Despertan enriba de Lira Mascato, unha águia xigante. Esta lévaos onda Calpurnia Abana, que está no pazo de cristal das damas mortas Finechrinn chamado Francastel. Ela droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Mestre Lionel e Xamirás Kaebr foxen de alí, intuíndo que algo non vai ben. Van á Serra da Boa Esperanza ou Delourabana, terra dos Hirr Henn Ys, que lles certifican que Nmógadah está nunha trampa das Finechrinn, pero que o poden salvar grazas aos seus pexegos, que anulan o efecto das Chunnilain. Así entran nun conflito que enfronta aos Hirr Henn Ys contra as Finachrinn e Lira Mascato. Finalmente conseguen liberar a Nmógadah e acabar coas Finechrinn e Lira Mascato (que Nmógadah mata coa Milmanda).
  • Capítulo 8: ´Tras isto, Mestre Lionel despídese de Nmógadah e Xamirás Kaebr. Cada un colle unha das camelias do regreso, que os levarán aos seus repectivos destiños. Pero cando Nmógadah colle a súa crendo que voltará a Arnoia equivócase, xa que nunca houbo tal Arnoia. Cando colle a Milmanda, descobre que esta se apaga e que el mesmo deixa de ser un Príncipe Segredo.

Ligazóns

Ligazóns externas

Páxina oficial da Real Academia Galega [4]

Ferramentas persoais