Arnoia.Arnoia.Noemi Jácome

De Wiki Aller

(Diferenzas entre revisións)
Liña 1: Liña 1:
 +
Resumo:
 +
Este libro trata das aventuras nas que se mete un dos príncipes segredos das terras de Arnoia chamado Nmógadah. Despois do asasinato da súa nai foi expulsado das súas terras e apresado xunto ó Mestre Lionel co cal máis tarde logra fuxir daquel lugar. Unha vez fora daquela cárcere percorren un bosque co propósito de atopar a espada de Milmanda. Cando xa a atoparon, volven ser capturados, pero son capaces de fuxir de novo. Entón, comezan a viaxe en barco dirixida a Arnoia, coa mala sorte de ser expulsados do barco e ter que ir nun bote . A continuación desto, Nmógadah  é drogado e cae baixo o feitizo das Finechrinn, este foi rescatado grazas aos seus compañeiros nesa gran  aventuras e aos  Hirr Henn Ys. Cando rematan as fazañas descobre que todo foi un soño.
 +
----
-
 
+
Exposición da miña opinión:
-
 
+
Penso que esta novela o que quere é reflectir o concepto da emigración do pobo galego así como o retorno á terra xa sexa por morriña ou por calquer outro motivo, este tema esta moi presente na mente dos galegos porque moitos dos nosos avós e bisavós  tiveron que emigrar por non teren cartos para vivir e buscando unha vida mellor aínda que non sempre a conseguían. A verdade é que este libro non me gustou nada xa que é difícil de comprender nalgúns momentos da trama, moitos escenarios distintos e polo tanto interveñen moitos personaxes con nomes moi complexos es to dálle un toque de pesadume a historia que non me fai seguir lendo o libro xa que en ningún momento me atrapa nas súas redes o narrado tanto como me gustaría que o fixese.  Para o meu susto da moitas voltas nun montón de datos sen importancia que non se volven mencionar  para acabar dicindo que todo e un soño, polo que nada deso aconteceu na realidade. Dicir por ultimo que e posible que a emigración e a morriña pola nosa terra non sexa o único tema que se pode observar nesta historia pero despois de todos os acontecementos e voltas que da eu solo lle atopei ese sentido, e é posible incluso que haxa xente que non este de acordo coa miña opinión pero eso depende do punto de vista do lector.
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+
-
 
+

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2013 ás 16:49

Resumo: Este libro trata das aventuras nas que se mete un dos príncipes segredos das terras de Arnoia chamado Nmógadah. Despois do asasinato da súa nai foi expulsado das súas terras e apresado xunto ó Mestre Lionel co cal máis tarde logra fuxir daquel lugar. Unha vez fora daquela cárcere percorren un bosque co propósito de atopar a espada de Milmanda. Cando xa a atoparon, volven ser capturados, pero son capaces de fuxir de novo. Entón, comezan a viaxe en barco dirixida a Arnoia, coa mala sorte de ser expulsados do barco e ter que ir nun bote . A continuación desto, Nmógadah é drogado e cae baixo o feitizo das Finechrinn, este foi rescatado grazas aos seus compañeiros nesa gran aventuras e aos Hirr Henn Ys. Cando rematan as fazañas descobre que todo foi un soño.


Exposición da miña opinión: Penso que esta novela o que quere é reflectir o concepto da emigración do pobo galego así como o retorno á terra xa sexa por morriña ou por calquer outro motivo, este tema esta moi presente na mente dos galegos porque moitos dos nosos avós e bisavós tiveron que emigrar por non teren cartos para vivir e buscando unha vida mellor aínda que non sempre a conseguían. A verdade é que este libro non me gustou nada xa que é difícil de comprender nalgúns momentos da trama, moitos escenarios distintos e polo tanto interveñen moitos personaxes con nomes moi complexos es to dálle un toque de pesadume a historia que non me fai seguir lendo o libro xa que en ningún momento me atrapa nas súas redes o narrado tanto como me gustaría que o fixese. Para o meu susto da moitas voltas nun montón de datos sen importancia que non se volven mencionar para acabar dicindo que todo e un soño, polo que nada deso aconteceu na realidade. Dicir por ultimo que e posible que a emigración e a morriña pola nosa terra non sexa o único tema que se pode observar nesta historia pero despois de todos os acontecementos e voltas que da eu solo lle atopei ese sentido, e é posible incluso que haxa xente que non este de acordo coa miña opinión pero eso depende do punto de vista do lector.

Ferramentas persoais