Hades
De Wiki Aller
(Diferenzas entre revisións)
(→Obras) |
(→Fontes) |
||
| Liña 55: | Liña 55: | ||
*https://view.genially.com/603926557c38720d95f6708b/presentation-hades | *https://view.genially.com/603926557c38720d95f6708b/presentation-hades | ||
*https://es.wikipedia.org/wiki/Hades | *https://es.wikipedia.org/wiki/Hades | ||
| + | * https://es.scribd.com/document/487076407/Historia-de-hades | ||
* | * | ||
---- | ---- | ||
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2026 ás 10:11
Índice |
Introdución
Hades era o deus grego do inframundo, dos mortos e das riquezas, o fillo máis vello dos titáns Cronos e Rea, e irmán de Zeus e Poseidón. Gobernaba o reino subterráneo, tamén chamado Hades (grego),Mictlán (mexicas),Xibalbá (mayas). Outros nombres incluen Averno (romanos), Irkalla (mesopotámicos) e Sheol (tradición hebrea) onde residían as almas, actuando como un gardián imparcial, temido pero non considerado malvado.
Gregos e romanos
- Nome grego:Άδης = Hades/Πλουτων = Plutón
- Nome romano:Plutón
Tres epítetos
- Ctonio: "subterráneo".
- Polidegmon(“el que recibe a muchos”): xa que el recibía a todos os mortos.
- Clímeno: “célebre”.
Funcións
- Xuíz das Almas: Xunto con outros xuíces, recibe os falecidos e determina o seu lugar de descanso final, xa sexa nos Campos Elíseos (para os virtuosos), nos Prados de Asfódelos (para os comúns) ou no Tártaro (para os malvados).
- Señor da Riqueza (Plutón): Hades goberna sobre os metais preciosos e as riquezas minerais agochadas baixo a terra, e tamén está asociado coa fertilidade da terra, a pesar de ser unha deidade funeraria.
- Gardián do Inframundo: Asegúrase de que ninguén escape do seu reino e a miúdo castiga a aqueles que intentan entrar ou saír sen autorización, usando a Cerbero como arma.
- Propietario do Casco da Invisibilidade: Posúe un casco forxado polos Cíclopes que lle outorga a invisibilidade, representando o terror psicolóxico e a natureza oculta da morte.
- Manipulación e Maldicións: Ten o poder de controlar o seu ambiente subterráneo, reanimar esqueletos e maldicir aos vivos.
Orixes
- Fillo de titáns: Hades foi o cuarto fillo dos titáns Cronos e Rea. Os seus irmáns son Hestia, Deméter, Hera, Poseidón e Zeus.
- A maldición: Cronos, despois de derrocar ao seu propio pai Urano, recibiu unha profecía que dicía que un dos seus fillos o derrocaría. Para evitalo, decidiu devorar a cada un dos seus fillos en canto nacesen.
- Ao nacer, Hades foi inmediatamente tragado por Cronos, pasando a súa "infancia" no estómago do seu pai xunto cos seus irmáns (Hestia, Deméter, Hera e Poseidón).
- Liberación por Zeus: cando Rea quedou embarazada de Zeus, o seu sexto fillo, escondeu o bebé e enganou a Cronos dándolle unha pedra envolvida en panos, que o Titán devorou, crendo que era o recen nacido.
- O rescate: Ao medrar, Zeus volveu para desafiar o seu pai. Coa axuda da titán Metis, deulle a Cronos unha poción que o fixo vomitar os seus irmáns.
- A Cronomaquia: Hades foi o primeiro en ser tragado, pero o último en ser liberado (segundo algunhas versións) ou, simplemente, liberado xunto con Poseidón e as súas irmás. Despois de saír do ventre do seu pai, Hades uniuse á rebelión contra os Titáns.
- A Titanomaquia e o Inframundo: Hades loitou xunto a Zeus e Poseidón contra Cronos na guerra coñecida como a Titanomaquia. Durante esta batalla, os Cíclopes, liberados por Zeus, forxaron armas para os tres irmáns. Hades recibiu o Casco da Invisibilidade (ou Casco de Hades), que o fixo invisible e lle deu unha gran vantaxe estratéxica.
- Despois de gañar a guerra e encarcerar os Titáns no Tártaro, os tres irmáns sortearon para determinar que parte do mundo que gobernarían:
1.Zeus: O ceo. 2.Poseidón: O mar. 3.Hades: O Inframundo, o reino das sombras e dos mortos.
- Aínda que a miúdo se lle ve como un deus temido, Hades era un gobernante xusto pero despiadado no seu dominio, garantindo que as almas non escaparan e que os mortos recibisen un enterro axeitado.
Obras
- Na Ilíada, Hades descríbese como un deus despiadado e inflexible, o único que Zeus non pode controlar, xa que o seu reino é o destino final de todos os mortais.
- Aínda que raramente intervén, é unha figura temida.A Titanomaquia menciónase na Ilíada, onde axudou a derrocar a Cronos e obtivo o casco da invisibilidade dos cíclopes.
- O secuestro de Perséfone:Aínda que este episodio se detalla con máis detalle nos Himnos homéricos, a unión de Hades con Perséfone como raíña do inframundo é fundamental para comprender o seu papel na mitoloxía.
- Hades é o amo das almas que os gregos e os troianos que envían ao inframundo. O seu reino descríbese como un lugar de sombras, lonxe do Olimpo e da terra.
- A diferenza doutros deuses olímpicos que toman partido (como Atenea ou Afrodita), Hades permanece imparcial, centrado no seu papel de gardián dos mortos.
Fontes
- https://view.genially.com/603926557c38720d95f6708b/presentation-hades
- https://es.wikipedia.org/wiki/Hades
- https://es.scribd.com/document/487076407/Historia-de-hades
- Eu son:
Ainhoa Rodríguez Saco 3ºC