O Naranxo.Natalia Gómez

De Wiki Aller

Revisión feita o 24 de marzo de 2012 ás 22:41 por Paio (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Naranxo é un libro do autor Ramón de Valenzuela no que aparecen doce breves historias. Nestas desenvólvensde contos sobre Lalín, así como trazos da mitoloxía popular. min a historia máis significativa é Meu amigo Daniel, primeiramente polo día no que acontece (o día do San Martiño) e en segundo lugar porque se contrapón á realidade co imaxinario. Penso que nesta historia Ramón intentaba contrapoñer o que pode ser real co que se pode tomar coma imaxinario. En conxunto atoparemos historias que poden acontecer na vida cotiá, teimas e tolemias típicas da narrativa de Valenzuela pero sempre tendo en conta o contexto histórico no que acontecen (anos de guerra, o exilio, a opresión...) Eu recomenadaría o libro, sobre todo a aquel que lle gusten as historias imaxinarias. É un libro co que non te aburrirás e coñecerás un pouco mellor a nosa comarca dezá.

Ferramentas persoais