O Naranxo.Jennifer Guerra

De Wiki Aller

Revisión feita o 24 de marzo de 2012 ás 22:30 por Paio (Conversa | contribucións)

O libro "O Naranxo" da autoría de Ramón de Valenzuela contén doce relatos nos que aparecen reflictidos os temas da pobreza, a morte..., o que mostra o pesimismo do autor. O relato "o Naranxo" que dá nome a este libro conta a historia dun tolo que ten varios bancos espallados por Galicia e vive en Lalín, o Naranxo, que todos cren que ten moitos cartos, incluso el, pero que ten que pedir comida en casas alleas que di que tamén son del. A historia que máis me gustou foi "O ciclón" na que se reflicte a lealdade que ten un cabalo ao seu dono ao creceren xuntos. Ainda que é moi triste porque o cabalo morre, mais contento porque morreu co seu dono e na casa onde crecera. Esta historia nárrase dun xeito moi melancólico porque o cabalo facendo un esforzo,ten como última vontade que o seu dono o monte. O cabalo galopou incluso máis do que podía xa que era vello e estaba derreado ata que non puido máis e caeu de fociños morrendo pouco despois. Ao final do libro aparece un pequeno artigo que fala de Lalín que non nos sorprende dado que Ramón de Valenzuela naceu en Silleda.