O Naranxo.Lucía Fernández

De Wiki Aller

Revisión feita o 17 de xuño de 2012 ás 17:29 por Paio (Conversa | contribucións)

O Naranxo é un libro de relatos de Valenzuela Otero. Neste libro cóntansenos historias de personaxes,algúns de Lalín. O libro está composto de 12 relatos breves que nos presentan situacións divertidas da vida cotiá daqueles anos. Para min un dos relatos máis importantes, que é o que dá o nome ao libro, é "O Naranxo" no que se narra a historia dun home de Lalín que todo o mundo di que está tolo xa que el afirma que todas as casas, lugares, fincas e todos os arredores son del; pero en realidade non ten nada. Outro dos relatos a mencionar, que coido é o mellor, é o do " Meu tío Queitano" no que se narra como o que era unha herdanza que lle deixaba un tío ao seu sobriño, o protagonista, pode chegar a ser unha traxedia xa que por culpa da mesma cambia toda a súa vida. Nesta historia móstransenos de xeito humorístico as penas que sufrían os labregos. Salientar por último o entretemento que hai nestas historias e a preocupación por Galicia. En conclusión, é un libro moi ameno, cunhas boas tramas e cunha gran riqueza léxica.

Ferramentas persoais